|
|
Pincha para ver o video do día da paz
No CEIP "A Gándara" o 30 de xaneiro de 2007 leváronse a cabo actividades para a celebración do Día Escolar pola paz. O día no que se fan 59 anos do asasinato de Mahatma Gandhi celébrase, dende 1964, o Día Escolar da Paz e a Non Violencia. Foi en 1993 cando a UNESCO recoñeceu esta festa. No centro, como todos os anos os días anteriois estivemos preparando nas aulas debuxos, mensaxes, poemas, porters, murais,... Este ano centramos a nosa mensaxe do día 30 na TOLERANCIA, PAZ, ...
PROGAMA DE ACTOS DO DÍA 30
Mañá: CINE FORUN (proxección e debate de películas que tratan diversos valores relacionados cunha cultura de paz):
Tarde: ás 16:00 aproximadamente:
Toda a semana: Exposición dos traballos feitos nas distintas aulas sobre Educación en Valores. Aos actos da tarde do Martes día 30 están invitadas a participar as familias do alumnado.
MANIFESTO
Os alumnos e alumnas do CEIP
“A Gándara” xunto cos nosos mestres e mestras queremos facer público
o noso compromiso coa paz nesta Celebración do Día Escolar Para a
Non Violencia e a Paz. Nun mundo no que a violencia, o
medo e a inxustiza forman parte da vida de
moitas persoas, queremos manifestar: ·
1.- Todas as persoas somos responsables de que o mundo sexa cada día máis
xusto, máis pacífico e máis seguro. ·
2.- A Paz constrúese día a día entre todos. ·
3.- A violencia e o medo nunca solucionan un conflicto só o ocultan. ·
4.- É posible cambiar o mundo. Non
é fácil pero conseguirase. Somos
moitos os que queremos a Paz. Propoñemos empezar a construila hoxe mesmo
e esforzarnos para que medre ao noso arrededor e chegue a todo mundo. Monforte de Lemos, 30 de xaneiro de 2007. ASINADO: A directora
Delegados de
5º e 6º En representación dos mestres/as. En representación dos alumnos/as.
|
CEIP "A GÁNDARA"
|