| 
 
 
 | 
 
 
 
 
 
 
 
 No CEIP "A Gándara" o 30 de xaneiro de 2009 leváronse a cabo actividades para a celebración do Día Escolar pola paz. No centro, como todos os anos os días anteriois estivemos preparando nas aulas debuxos, mensaxes, poemas, porters, murais,... Este ano centramos a nosa mensaxe do día 30 na TOLERANCIA, PAZ, ... 
 PROGAMA DE ACTOS DO DÍA 30 
 Mañá: CINE FORUN (proxección e debate de películas que tratan diversos valores relacionados cunha cultura de paz): 
 Tarde: ás 16:00 aproximadamente: 
 Toda a semana: traballar nas aulas o conto "A pedra de Sopa" e exposición de murais das distintas aulas. 
 MANIFESTO 
 Os alumnos e alumnas do CEIP
“A  Gándara”  xunto cos nosos mestres e mestras queremos facer público
o noso compromiso coa paz nesta Celebración do Día Escolar Para a
Non Violencia e a Paz.   Xente fuxindo, nenos chorando, vellos morrendo, homes matando... 
 Odio nas almas, sangue nos corpos, xentes feridas, montóns de mortos... 
 Reñas na familia, fogares rotos, nenos maltratados, outors nemos orfos... 
 Estalidos de bombas, mans no gatillo, mozos con navallas, ata nos partidos... 
 Os maiores matan, os nenos pelexan, ¿que levamos dentro? sentires de guerra: 
 Envexa e rancor, odio e avaricia, fáltanos amor e falta ledicia. 
 Paz, paz, paz, ven aos corazónz o mundo rirá e será mellor. 
 
 
 Xente rindo, nenos cantando, vellos lendo, homes traballando... 
 Amor nas almas, saúde nos corpos, Xentes contentas, flores nos hortos... 
 Harmonía na familia, fogares unidos, nenos felices e ben mantidos... 
 Estalan foguetes, as mans unidas, os mozos bailan, xentes queridas... 
 Os maiores axúdanse, os nenos xogan, nos corazóns, sentires de gloria: 
 Calma, perdón, amabilidade, sosego, ledicia, amor, esperanza, consolo... 
 Paz, paz, paz Deus... PAZ! 
 ANUNCIA 
  Monforte de Lemos, 30 de xaneiro de 2009. 
 | 
| CEIP "A GÁNDARA" |