O pasado día 25 de maio celebramos no noso colexio a festa das nosas letras, facéndoa coincidir, este ano, coa celebración dos maios.
Os obxectivos marcados para o Festival das Letras Galegas, dedicado este ano ao poeta lugués do Courel, Uxío Novoneyra, foron os seguintes:
- Coñecer a nosa terra.
- Achegarnos á figura de Uxío Novoneyra.
- Desenvolver as capacidades artísticas do noso alumnado.
- Espertar o interese polo teatro e a arte dos monicreques.
- Aprender a traballar en equipo.
Con estes obxectivos, as actividades que se fixeron ao longo da mañá, foron:
- Lectura de poesías de Uxío Novoneyra.
- Lectura de poemas de 2ºA.
- Cancións de Miguel, que tocou a guitarra e cantou.
- Obras de monicreques.
- Varios grupos de alumnos cantaron e tocaron baixo a dirección da profesora de música, Mercedes.
- Posta en escea da obra de teatro "El-Rei Artur".
- Oda a unha estrela.
- Teatro de 1º: As sete cabritiñas.
- Canción en inglés.
- Baile tradicional galego a cargo dun grupo de profesoras do colexio.
- Baile tradicional galego a cargo dun grupo de alumnos e alumnas.
- Cantigas sobre os maios.
- Remate cantando todos o himno galego.
Esta festa das letras estivo enmarcada na celebración dos maios que fixemos simultanemente. O alumnado chegou ese día con flores silvestres para adornar o colexio. Desa maneira xuntamos dúas celebracións que se complementaron perfectamente. A decoración que presentaba o Centro servíu de marco perfecto para ensalzar as nosas letras e rendir unha merecida homenaxe ao poeta, ALMA DO COUREL, Uxío Novoneyra. Desa maneira, resaltamos a tradicional festa dos maios pola chegada da primavera coa ledicia que sempre acompaña ás flores, e co desexo de mil primaveras máis para a nosa cultura e as nosas letras.
Rematar dando as grazas a todas e todos as implicadas/os nesta celebración polo seu traballo e esforzo para que todo saíra ben.
|