| |
Por fin botou a andar a nova Biblioteca, inaugurada pouco antes das vacacións de Nadal.
|
A biblioteca empezou a súa andadura. (Foto cortesía Concello de Ames)
|
Como podedes apreciar nas fotos, estructurámola en diversos espazos, en consonancia coas diferentes funcións que lle queremos dar: lectura de lecer, con tres niveis (prelectores, primeiros lectores, lectores autónomos); espazo da prensa, revistas...; espazo de "lectura relaxada", con coxíns polo chan; espazo de estudio e consulta; espazo multimedia, con catro ordenadores aínda pendentes da conexión á Internet; por último, ao fondo está o escenario, habitualmente oculto tras o telón.
 |
| Salas de pre-lectura e primeiros lectores (pasa o rato pola foto) |
| |
 |
| Salas de lectores autónomos e de prensa. |
De momento non pode prestar todos os servizos previstos, pero si está aberta para dous tipos de utilización: por aulas, coa titora ou titor correspondente segundo un horario establecido, e o uso libre, tanto nos recreos coma ás tardes de 16:30 a 18:30 h. agás o luns (día de atención aos pais e de reunións do profesorado).
 |
| Unha das seccións é a do comic. |
| |
 |
| Espacio de lectura relaxada, con coxíns polo chan. Ó fondo, o escenario para charlas e presentacións. |
Nos recreos xa está disponible diariamente para todo o alumnado; tres compañeiras do Equipo da Biblioteca encárganse de atender e orientar aos nenos e nenas que acuden a ela. A afluencia está sendo moi alta. Nestas primeiras semanas, lóxicamente, temos que insistir un pouco na normativa de uso dos diferentes espacios, na colocación correcta dos libros, na moderación do ton de voz....
 |
| Un dos proxectos é achegar aos nenos ó contacto cos escritores. Para ísto creóuse un expositor temático. |
Ao mesmo tempo estamos realizando tamén unha tarefa oculta aos usuarios, pero fundamental para o funcionamento eficaz dunha biblioteca: a catalogación informática de todos os fondos. Unha vez completada poderemos por en marcha a importantísima función de préstamo de libros.
Pero isto terá que agardar probablemente ao próximo curso.
|
|
 |
 |
Este curso, todos os nenos e nenas do centro, participamos nun concurso para facer unha mascota para a biblioteca. Houbo debuxos de todo tipo: dragóns, serpes, coellos... O gañador foi un marciano verde con gafas ao que lle gusta ler.
Este marciano foi debuxado por Paricia Rey López, de 6º C do curso 2005-2006. O marciano chámase Leodoro. Este nome púxollo un neno de infantil. |
|
|