Baixo o título de "Coñecer o noso entorno", os nosos alumnos e alumnas de sexto curso marcharán os próximos días 16, 17 e 18 de xuño de excursión á provincia de Ourense acompañados polas profesoras Arancha, Dina e Mercedes.
A temporalización desta actividade, queda da seguinte maneira:
- Saída do colexio o día 16 de xuño ás 9:00 h.
- Chegada ao embarcadoiro de Santo Estevo ás 11:00 h.
- Saída no catamarán ás 11:30 h. A duración estimada do paseo polo Sil é de aproximadamente hora e media.
- Xantar ao remate da actividade.
- Visita ao entorno.
- Saída cara á Estación de Manzaneda ás 15:00 h.
- Chegada a Manzaneda e reparto e acomodo nas habitacións.
- Merenda ás 17:00 h.
- Actividades organizadas pola estación de montaña ata o día do retorno, 18 de xuño. Entre outras, realizarán:
- Piscina
- Beisbol
- Karts
- Equitación
- Xogos predeportivos
- Supervivencia
- Aula de natureza
- Senderismo
- Tiro con arco
- Disco
- Velada
Rematada a estadía na estación de montaña de Cabeza de Manzaneda
o día 18:
- Saida, despois de xantar, sobre as 15:00 h.
- Chegada a Ourense ás 16:30 h
- Baños termais nas Pozas de Outariz
- Merenda
- Saída cara a Bertamiráns sobre as 19:30 h.
- Chegada a Bertamiráns aproximadamente ás 21:30 h.
|