Bertamiráns, 16 de setembro de 2010  
  Estimados pais e nais de alumnos e alumnas:  
     
 

O equipo directivo, claustro de profesores e demais persoal do centro, danvos a benvida ao curso que hoxe iniciamos co novo lema CREAMOS LAZOS, UNIMOS ESFORZOS . Todos unidos cun esforzo común acadaremos os proxectos nos que teñamos que traballar.

Queremos facervos chegar as recomendacións de comezo de curso que pensamos está ben recordar unha vez ao ano.

As reunións de pais/nais cos titores seguen a ser os luns de 16,30h a 17,30h, sendo conveniente concertar entrevista anteriormente a través do teléfono ou cunha nota enviada polo alumno/a.

É norma deste Centro que os pais/ nais non accedan as aulas durante o horario lectivo para non entorpecer o labor educativo e para calquera incidencia ou consulta deberedes dirixirvos ao conserxe ou ao persoal da secretaría.

As portas do Centro pecharanse 15 min. despois da hora de entrada polo que pregamos moita puntualidade.

As ausencias do alumnado deberan ser xustificadas documentalmente ou a través dun escrito do pai/nai ou titor/a. Se sólo se falta un día ou dous non é preciso chamar por tfno., basta con entregar o xustificante ao titor/a o día que se incorpore.

Caso de ter que incorporarse fóra do horario habitual ( retraso, consulta médica etc. ) e de xeito circunstancial, recoméndase facelo no cambio de clase.

As reunións xerais de pais quedan como segue:

Mércores 6 de outubro ………1º Ciclo de Primaria ( 1º e 2º )

Xoves 7 de outubro …………..2º Ciclo de Primaria ( 3º e 4º )

Xoves 7 de outubro …………..3º Ciclo de Primaria ( 5º e 6º )

Luns, 18 de outubro…………..E. Infantil (Os cursos que non tiveron: 4 e 5 anos)

A hora destas reunións será as 16,30 no salón de actos inicialmente, para logo pasar ás aulas co titor/a, todos os ciclos agás o 3º que a terán ás 18,30 horas do xoves.

Os libros de matemáticas de 3º e 4º de primaria, que temos en calidade de préstamo están en galego. Como agora en base ao Decreto 79/2010 se esixe que sexan en castelán, tedes que compralo e solicitar axuda dirixida ás familias en función da vosa renda ( D.O.G. do martes 31 de agosto de 2010).

Para rematar pedirvos que leades con atención as comunicacións que vos cheguen a través dos vosos fillos/as e que vos facemos chegar periódicamente. Consultade así mesmo a nosa páxina web, donde tamén aparece información de interese.

Para calquera dúbida ou consulta, estamos á vosa disposición persoalmente ou a través dos telefonos 981883152 ( Primaria), 981815811( Infantil ), 981890234 ( servizo de fax ) ou por e-mail: ceip.a.maia@edu.xunta.es

Web: http://centros.edu.xunta.es/ceipamaia

Recibide un cordial saúdo.

A Directora

Rosalía Avilés Bentín