Educación sexual no colexio  
  Decembro 2006  
 

O 1 de decembro de 2006 tivemos unha interesante charla sobre educación sexual os nenos de 6º. A quinta hora fomos tódolos nenos e nenas de 6º á nova biblioteca, que por certo ten novas instalacións e quedou moi ben. Alí nos esperaba un médico, chamado Xose Luis, por certo pai dunha alumna de 6º C, para darnos algúns coñecementos basicos sobre o tema e responder as alocadas e interesantes preguntas dos nenos e nenas.

  Os nenos amosaron moito interés no tema.

 

Falou sobre cousas que nunca oíramos, como o que é a amniocentese ou a vasectomía, como se forman os xemelgos, a importancia da epidural para as nais no parto, cantos óvulos produce a muller na súa vida ou cantos millóns de espermatozoides produce un home cada día. Tamén falounos, coa axuda dun proxector, das distintas partes dos órganos reproductores femenino e masculino.

Moitos nenos fixeron extrañas preguntas, como se os espermatozoides poden entrar marcha atrás ou se podían saír uns cincuenta óvulos nun mesmo endometrio , pero Xose Luis estivo xenial e respondeu perfectamente. Tamén os profesores e profesoras expoñeron as súas preguntas e debates que houbo nas respectivas clases. Estiveron, alomenos, media hora, facendo preguntas e obtendo interesantes respostas. Ó final da charla, os profesores entregáronlle o médico un regalo, unha estatua de porcelana dunha muller bailando muiñeira.

6º B

 
     
 
 
 
Colexio de Educación Infantil e Primaria Bispo Guerra Campos