Iniciar sesión
Recensión do actual director. ( Antón López)

A fundación do colexio, coincide case co inicio da Democracia en España, polo que se empeza cunha situación nova no ensino. Foi don Ángel Paz quen comezou a andaina de dirixir o centro nos primeiros cursos, agrupándose as nenas/os do barrio e proximidades, que estaban nas unitarias da zona e no colexio do Feal.
Parabéns a don Ángel Paz, equipos directivos e a tódas/os mestras/es que nesta primeira década educaron a unha xeración de alumnos/as naroneses que, sen dúbida están contribuíndo á proxección deste concello coa súa formación.
Parabéns a don Xosé Cid, que continuou coa organización do centro xunto cos equipos directivos e profesorado, tamén vivindo cambios no só na educación, senón nos primeiros momentos de afianzamento das institucións e traslados de competencias administrativas con respecto ao ensino. Nos inicios da década dos noventa o centro foi dirixido durante un curso por don Celestino Prieto, despois novamente don Xosé Cid, don Ángel Paz e máis eu formamos o equipo directivo. Tras esta primeira parte de vida do colexio, e por circunstancias coxunturais asumín a dirección do Ceip A Solaina por nomeamentos administrativos e por procesos electorais nesta 2.ª metade de vida do centro.
Antes de seguir con esta introducción, por suposto agradecerlles aos equipos directivos que me acompañaron e acompañan; así como a todo o profesorado pola colaboración, entrega e participación do clima de bo ambiente que caracterizou o funcionamento do centro nos últimos tempos.
Dende a metade dos noventa ata hoxe en día creo que a función organizativa neste colexio, ao igual que noutros centros públicos, vén influída polas seguintes cuestións:
- As reformas educativas que se foron desenvolvendo: EXB, LODE, LOXSE e agora a LOE.
- Incremento da función administrativa ( bolsas, gratuidade, introducción da informática etc.)
- Os efectos, si os houbera do descenso da natalidade dos anos 90. (non foi tanto no noso caso).
- As expectativas que teñen os pais na educación para os seus fillos e fillas na actualidade, e a problemática que se xera ( falta de hábitos, problemas de disciplina, …).
- Retos de transformación do centro.
- Outras …
Como se poden ir afrontado estes feitos?
Non esquecer o que un se propón nos proxectos: seguir coas bases dun centro integrador, participativo, transmisor de valores cívicos, aberto á sociedade, capaz de resolver as capacidades do alumnado e amable na convivencia.
Sendo unha das razóns máis importantes para min a progresiva mellora dos centros públicos polo que o centro debe ser competitivo, sobre todo cos privados. Manter sempre información aberta sobre as decisións a toda a comunidade.
Na cuestión de infraestructuras o colexio da Solaina debe seguir na liña destes últimos cursos:
- Cubrición do patio interior que permite ter tempos de lecer que antes se facían nas clases e sobre todo desenvolvemento de actividades extraescolares.
- Ascensor permite mellor a integración de alumnos con necesidades educativas especiais (NEE)
- Aula de informática deunos a oportunidade de introducir este recurso a mestres/as e sobre todo a alumnos/as dende hai dez anos.
- Peche do patio de infantil de tres anos, antes acceso a laboratorio e pretecnoloxía, permítenos ter un lugar mais a disposición da comunidade.
- Mellora e nova colocación da iluminación.
- Cambio de fontanería en todo o colexio.
- Alicerzado e saneamento e cambio dos sanitarios.
- Pintado de todo o interior do colexio.
- Habilitación dun servizo para alumnos con NEE., con auga quente.
- Construcción e posta en funcionamento dun invernadoiro e aula de natureza.
- E outras moitas.
O único obxectivo que ten que prevalecer sempre é o ben facer pedagóxico co alumnado, meta de calquera docente.
Maio de 2006.
Antón López Anca, director do Centro
CEIP A Solaina