Iniciar sesión

Comedor

Regulamento de réxime interno comedores escolares.

1.    Obxectivos.
2.    Organización do servizo.
3.    Funcións do personal.
4.    Normas
4.1    Comportamento e convivencia.
4.2    Seguridade e hixiene.

1. Obxectivos.

Entendemos o servizo de comedor como un servizo educativo que complementa a educación desenvolvendo hábitos e actitudes saudables entre o alumnado; ademais de fomentar o compañeirismo e as actitudes de respecto e tolerancia entre alumnos de diferentes culturas con peculiaridades culinarias propias. Polo tanto, o comedor escolar é servizo con diferentes obxectivos.

1.    Darlles un servizo ás familias que por horario ou condición o necesitan.
2.    Facilitar que os/as nenos/as poidan participar nas actividades extraescolares, xa que o horario se axusta a iso.
3.    Facer que os/as nenos/as desenvolvan hábitos correctos en canto a alimentación, comportamento, modelos, convivencia e hixiene.
4.    Que os/as nenos/as aprendan a darlle o  valor que ten á hora de xantar.
5.    Fomentar o compañeirismo tanto á hora de xantar como no tempo libre do que dispoñen.
6.    Coordinar coa aula para coñecer os principios da dieta equilibrada, a relación saúde e alimentación, os costumes alimenticios, etc.
7.    Informar os pais e nais e solicitar información.
8.    Realizar actividades de tempo libre que desenvolvan o fomento de hábitos sociais e culturais.

2. Organización do servizo.

 


En canto ao réxime de horario debemos de separalo en dous puntos:

  • Almorzos: comenzarán ás 7:30 h da mañá ata as 09:00 h  de forma ininterrompida.
  • Xantar: durará aproximadamente 2 horas  distribuídas umha  franxa horaria de 14:00 a 16:00 horas.

 O xantar que se ofrece estará distribuído por unha empresa de catering , polo que os menús xa virán realizados por esa empresa contratada, supervisado previamente pola comisión do comedor.

O/a encargado/a do comedor informará diariamente á empresa dos menús que son necesarios.

O coste do almorzo queda estipulado en 1 € diario mentres que o do xantar quedará en 4,21 € diarios. Existe un bono de 10 comidas para facilitar o pago cun custo de 42,10 €.

3. Persoal do comedor.

Dentro do comedor escolar imos distinguir dous cometidos distintos que serian:

  • Encargado/a do comedor.
  • Monitor/a escolar.

Encargado/a do comedor.

Titulación:

  • Título de monitor escolar.
  • Carné de manipulador/a de alimentos.
  • Membro da ANPA.
  • Ter un fillo ou unha filla no centro.

Funcións:

  • Supervisar as quendas, se as hai, e as normas de hixiene.
  • Coordinación cos monitores e moitoras.
  • Encargar o número de menús necesarios para cada día.
  • Controlar dieta e medicación.
  • Ter os pais informados.
  • Solución de problemas que poidan surdir.
  • O resto de funcións do/a monitor/a.

Monitor/a escolar.

Titulación:

  • Titulo de monitor/a escolar.
  • Carné de manipulador/a de alimentos.

Funcións:

  • Control de normas de hixiene.
  • Atención aos nenos e nenas.
  • Control de medicación e dietas.
  • Organización no comedor (menús e enxoval).
  • Servir e recoller a comida.
  • Entretenemento antes e despois da comida.
  • Distribución dos/as nenos/as aos seus pais e nais ou ao monitor ou monitora de actividades extraescolares.

4.Normas.

A) NORMAS DE COMPORTAMENTO E CONVIVENCIA.

a.1) Comportamento.

  • Entrada e saída ordenada e tranquila.
  • Sentarse ben e non berrar.
  • Usar os cubertos, pan e panos de mesa.
  • Comer coa boca pechada.
  • Probar todo e comer algo.
  • Mastigar correctamente.
  • Non xogar coa comida nin desprezala.
  • Non levantarse sen permiso.

a.2) Convivencia.

  • Respectar o espazo na mesa.
  • Respectar o compañeiro/a e o persoal.
  • Respetar o mobiliario e o material.
  • Respetaro horario.

B) NORMAS DE SEGURIDADE E HIXIENE.

b.1) Seguridade.

  • Ter unha ficha de cada alumno/a.
  • Comprobar o estado dos alimentos.
  • Precaución no tránsito e permanencia (escaleiras, chan, portas, ventás...)
  • Postura adecuada na mesa.
  • Precaución cos cubertos.
  • Manter os produtos de limpeza ou químicos nos sitios adecuados.
  • Controlar os menús.

b.2) Hixiene.

  • Lavar as mans.
  • Poñer o unifome.
  • Cabelo recollido.
  • Lavar as mans e a cara antes e despois de comer e cada vez que se vaia ao baño.
  • Usar panos da man.
  • Cepilarse os dentes despois de comer.
  • Manter limpo o comedor.
AdxuntoTamaño
peticion comedor.pdf77.22 KB

Back to top