Iniciar sesión
Memoria da Biblioteca
MEMORIA DAS ACTIVIDADES DOS DOUS ÚLTIMOS CURSOS 2007/2009 EN RELACIÓN Á REORGANIZACIÓN E DINAMIZACIÓN OU FOMENTO DA LECTURA NO CEIP A SOLAINA.
A Biblioteca Escolar (BE) do noso centro está ubicada na planta baixa. Trátase dun espazo amplo e accesible para toda a comunidade educativa. Nestes últimos cursos tentamos habilitar zonas específicas para lectura individual, lectura en grupos, utilización de medios audio visuais.
Distinguimos claramente dúas zonas : o corredor do galego e libros de consulta, e por outra banda a zona de lingua castelá .
As baldas son abertas e están sinaladas con letras: na balda superior colocamos os libros para adultos e o material de apoio para os profesores, utilizando as baldas máis baixas para libros de Educación Infantil e primeiro ciclo de Primaria.
Colocamos tamén nas baldas, como sinalización, a nosa mascota A Tartaruga Conta-contos, pequenas tartarugas de cores que seguen a CDU recomendada polo grupo Bibliotecas Escolares da Consellería de Ensino: permite que os nenos sexan capaces de saber onde poden atopar os recomendados para a súa idade, complementando así a sinalización que xa temos con círculos no lombo dos libros: azul para os máis pequenos ou primeiros lectores, verde para os lectores avanzados, vermello para os lectores expertos e rosa para os libros de humor. Xunto con este distintivo colocamos tamén unha etiqueta coa ubicación do libro ( L-4; K-3), o que facilita que os nenos/as poidan colocar os libros no seu sitio, sempre que os nenos/as acudan co seu profesor/a e , para facilitar os préstamos e facer un mellor uso da BE.
A biblioteca do centro está ao servizo dos profesores e dos alumnos durante todo o horario lectivo. Dende principio do curso elaborase o horario: cada profesor dispón dunha hora semanal para acudir a biblioteca co seu grupo de alumnos ; para préstamos, consultas, lectura e realización de traballos, todos os días durante o recreo e polas tardes de 16.30 a 18.00h ,excepto os martes.
Durante o recreo a persoa que controla os préstamos é Fina García, profesora encargada da biblioteca estes cursos; polas tardes, o profesorado de garda.
Para facilitar os préstamos, os alumnos cobren unha ficha cos seus datos persoias,o título do libro, o nº de rexistro a ubicación e a data; fichas que quedan nun rexistro e son retiradas cando devolven o libro. Axuntamos tamén un marcador co que lles recordamos que dispoñen de 15 días para ler o libro, se rematado o prazo non o fan, teñen que renovar a ficha.
Cara o próximo curso pretendemos informatizar os préstamos de libros: cada lector dispodrá dun carné de lector, deste xeito eles mesmos rexistrarían os préstamos fomentando así a súa autonomía .
Na BE intentamos centralizar todo o material informativo, en soporte impreso, audiovisual , multimedia ou electrónico que pode empregarse para os traballos escolares e para o fomento da lectura, xa que entendemos que a BE ten que ser un espazo educativo ao servizo do proceso de ensino e aprendizaxe .
Para a catalogación e arquivo dos fondos utilizamos o programa Meiga, que xa tiñamos en cursos anteriores. Temos xa rexistrados e catalogados a maior parte dos fondos, pero non se puido rematar por falta de tempo. Na B.E están rexistrados tamén todos os libros que se utilizan nas aulas para Bibliotecas de Aula.
Para a adquisición de novos fondos teñense en contas as peticións e as necesidades dos diferentes ciclos e niveis, así como as suxerencias dos propios alumnos para adquisición de novos títulos ou completar coleccións.
Uns dos obxectivos que se pretendía acadar nestes cursos era conseguir un grupo de traballo estable, con representantes de cada ciclo e con suficiente disponibilidade horaria para que en colaboración cos/as titores/as programar, organizar diferentes actividades na BE co fin de mellorar non só os hábitos lectores dos/as nenos/as e achegalos/as ao mundo dos libros, senón, sobre todo, fomentar o gusto pola lectura e evitar que perdan estes hábitos con actividades lúdicas e que lles resultasen amenas .
Intentando fomentar o gusto pola lectura, realizáronse diferentes actividades de animación á lectura nas que participaron todo o alumnado.
As actividades realizadas no primeiro trimestre tiñan como obxectivo familiarizar aos nenos coa BE do centro: reencontro coa nosa mascota, A Tartaruga Conta- contos, a importancia dos libros e da lectura, non só como aprendizaxe, se non tamén de pracer e de ocio, como atopar un libro na nosa biblioteca, como cubrir as fichas... adaptando as actividades as idades dos alumnos
Contamos co material aportado pola Consellería: Hora de Ler para os alumnos de Educación Infantil e primeiro ciclo de Primaria.
No segundo e terceiro trimestre continuamos estas actividades na BE: lectura de contos clásicos, lectura de poesías, recompilación de refráns, xogamos coas adiviñas, traballamos co xornal... elaboración de murais, debuxos dos contos lidos e exposición dos debuxos, lista de libros recomendados presentación polas clases de novos títulos e coleccións, o títulos xa existentes pero un pouco esquecidos, actividade esta última cun resultado moi satisfactorio.
No terceiro trimestre actividades de animación a lectura dirixidas por monitores do Concello e encontro con autores e ilustradores de contos.
No curso 2007/2008 os alumnos do 3º ciclo de primaria acompañados dos seus titores realizaron visitas á Bblioteca Municipal de Narón. No curso 2008/2009, estas visitas foron realizadas polos restantes ciclos.
En colaboración cos/as titores /as e ao longo destes cursos fixéronse diferentes exposicións de libros: O currucho do medo, O mundo do cómic, Libros recomendados para o Nadal, Novidades, O meu libro favorito... Actividades para celebrar o Magosto, Nadal, Día do Libro e Día das Letras Galegas: lectura colectiva, vídeos, obter información de diferentes autores.. confección de Muíños da Mancha, O libro viaxeiro...
O Plan Lector
No terceiro trimestre do curso 2007-08 e coa finalidade de iniciar o proxecto lector do centro contamos co profesor Antón Cortizas que presentou a todo o Claustro a necesidade de elaboración deste proxecto.
Realizouse unha enquisa para coñecer a opinión dos profesores sobre o nivel lector dos alumnos e a posibilidade da utilización da BE cunha sesión para actividades relacionadas coa lectura. Esta proposta foi aceptada pola maioría dos titores, puidose comprobar que os nenos que realizan esta actividade acoden con máis frecuencia a BE para coller libros.
Os alumnos do terceiro ciclo contestaron unha enquisa sobre seus hábitos lectores e o uso da BE... tendo en cota as respostas, a maioría recoñece ler pouco, creemos moi necesario a elaboración do Plan Lector do Centro.
Este curso presentáronse libros de lecturas para traballar nos diferentes ciclos, recomendación de libros para traballar cara ó próximo curso nos diferentes ciclos e niveis e adquisición de lotes de libros .
É necesario elaborar un horario no que se contemple adicar 1/ 2 h. diaria a lectura dentro da aula: lecturas programadas polos diferentes ciclos no que se contemplen todo tipo de textos.
Grazas ás aportacións económicas dos últimos cursos, a adquisición de novos títulos incrementouse este curso. Adquisicións que se están facer en colaboración cos titores e cos que se pretende fomentar e ampliar, principalmente, o uso da Biblioteca de Aula. Adquisición de lotes de libros e novos títulos.
Ampliamos tamén este curso o mobiliario da Biblioteca o que facilita unha mellor disposición dos libros e permitiu crear O corredor do Galego,zona da biblioteca onde se topan os libros de galego. Contase tamén cunha pantalla, un proxector,una televisión, vídeo e DVD, e tres ordenadores con acceso a internet, que amplían as actividades que se poden realizar.
Atención a diversidade: o profesorado de PT e AL realizaron actividades dirixidas aos alumnos/as que debido as súas características persoais as requirían, ben dun xeito individual ou dentro do grupo.
A Biblioteca tamén foi utilizada ó longo do curso polos/as alumnos/As e profesores /as para a realización de diferentes traballos.
Biblioteca na rede: ao logo do segundo trimestre e, en colaboración coa equipa de Normalización Lingüística do centro, elaborouse un blogue.
O título do blogue é O Recuncho dos contos. Dende este equipo plantexouse que a súa finalidade sería servir como mediador entre a comunidade educativa ( mestres/as, alumnos/as, nais e pais, ANPA…) e e Biblioteca do Centro. Deste xeito, pódense consultar novidades sobre actividades e adquisición de fondos, actividades de aula… pero tamén novas do entorno social: actividades que se realizan dende a Biblioteca do Concello e outras similares.
Ademais, fíxose unha selección de enlaces que consideramos de interese e que dende casa o alumnado pode consultar para ampliar as aprendizaxes que están a traballar na aula.
Temos previsto ter incorporados ao blogue todos os traballos realizados no Centro en relación ao Día do Libro e ao Día das Letras Galegas. Tras este traballo, os membros da biblioteca explicaremos a cada aula : que é un blog?, para que serve?... e eles mesmos poderán ver na rede todos os traballos realizados. Cremos que é unha boa forma de motivar ao alumnado e de que se acheguen ás novas tecnoloxías entendidas como fonte de recursos.
Xa que estamos a falar de novas tecnoloxías, podemos comentar que, debido ao reducido espazo da biblioteca, instalouse na aula de inglés unha pizarra dixital que será destinada a usar con todos os fondos audiovisuais dos que dispoñemos na biblioteca.
RELACIÓN DE PROFESORADO QUE FORMARON PARTE DO EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA BIBLIOTECA DO CEIP A SOLAINA
NOME HORARIO
- Fermina García Pardo.....................2 sesións .........coordinadora
- Purificación Lobeiras Barro...............4 sesións .........
- Mª José Romero Fernández.............3 sesións
- Inés Rebollo Ugidos..........................1 sesión
- Margarita López Méndez...................1 sesión
- Manuela Freire Piñeiro.......................1 sesión
Dado que dous destes membros non poideron desempeñar as funcións inicialmente asinadas por atoparse de baixa médica dende o mes de outubro- novembro, os seus substitutos desempeñaron as funcións na biblioteca cunha labor destacada e moi satisfactoria con amplo beneficio para a biblioteca do centro.
Os mestres substitutos son:
- Roberto Javier Reguerio Justo
- Susana Esmorís Fernández
CEIP A Solaina