Iniciar sesión
Proxecto de Fomento do Uso do Galego - Curso 2006 · 2007
A posta en práctica deste proxecto, terá lugar no actual curso académico, e como máis adiante se poderá observar tamén conta con actividades e propostas que será necesario continuar no vindeiro curso, e implicará a participación de todo o profesorado e todo o alumnado do Centro.
En canto ó breve estudio sociolingüístico podemos dicir que nos atopamos nun centro urbano, situado na parroquia de Sta. Icia no Concello de Narón, no que a maioría das familias presentan un nivel socio- cultural medio e que presenta con respecto á lingua a seguinte realidade:
Profesorado con capacidade para empregar de xeito habitual o galego, non só por ser a lingua nai da maioría, senón tamén por formación académica.
Pais e nais e alumnos na súa maioría castelán falantes.
É por isto polo que dende o Centro vemos necesario traballar en prol do galego .
No Plan Xeral para o Uso do Idioma e no Plan Específico para o Ensino en lingua galega, recollidos no Proxecto Curricular de Centro atopamos os seguintes obxectivos :
- Aunar esforzos na búsqueda da progresiva implantación do galego como lingua habitual no Centro.
- Mellorar as competencias e aptitudes lingüísticas dos diferentes membros da Comunidade Educativa.
- Avanzar no coñecemento da realidade galega: historia, literatura, arte, folclore, etc.
- Acadar unha valoración positiva entre o noso alumnado e as súas familias sobre a lingua e a cultura propias de Galicia.
- Potenciar a credibilidade e confianza nas posibilidades expresivas, de creatividade e comunicativas en lingua galega.
- Empregar as novas tecnoloxías como recurso para o ensino e aprendizaxe da lingua galega.
- Colaborar con outras instituciones no desenvolvemento de accións tendentes a favorecer o coñecemento da lingua e da realidade galega.
Equipa de Normalización Lingüística do Ceip “A Solaina”, coa axuda e colaboración de todos os outros membros do Claustro , proponse traballar intensamente para acadar a consecución dos obxectivos antes citados, para o que cre necesario, por un lado ter en conta as seguintes medidas :
- Que o galego non quede relegado só ás áreas obrigatorias.
- Fomentar a lectura e escritura en galego.
- A colaboración das familias para que lles falen galego aos nenos/as e lles destaquen a importancia da lingua.
- Despertar no alumnado a valoración positiva da nosa cultura.
- Que os mestres/as teñan material de consulta axeitado para a súa capacitación e sexan sempre un ejemplo, para os nenos/as, sen caer na diglosia.
- Que nas reunións e comunicados se use sempre a lingua galega, así como noutras situación que xorden da vida cotiá.
- Conseguir material didáctico axeitado que promocione o xogo en galego.
- Fomentar e poñer en práctica tarefas que se desenvolvan co emprego da lingua galega a nivel oral.
- Dar a coñecer e recuperar tradicións populares, buscando a implicación de toda a comunidade escolar.
E por outro, por en marcha as seguintes actividades :
Para implicar á comunidade educativa:
- Emprego da lingua galega en reunións con pais e nais, nos claustros, nos consellos escolares, e nas reuniones dos distintos equipos de coordinación didáctica existentes no centro.
- Emprego da lingua galega en todo tipo de comunicados, murais, posters , ... que se expoñan no centro.
- Incidir tamén para que no vindeiro curso o número de libros de texto e áreas curriculares que se impartan en galego aumenten, así como a continuación cos métodos editoriais en galego que se están a utilizar en educación infantil.
Para fomentar o emprego real ( oral e escrito) da lingua:
- Actividades de animación á lectura preparadas polo equipo de mestres que se engarga do funcionamiento da biblioteca do centro.
- Teatro e recitado de poemas, escritos polos alumnos, ou xa editados que os nenos /as de cursos superiores preparan e representan para os máis pequenos.
- Elaboración ( por parte de todos os mestres/as) de xogos con temática galega tipo Trivial, Tabú, Pictionary adaptados ós diferentes niveis educativos, para o seu emprego nas aulas.
- Búsqueda e recopilación de Xogos populares Galegos para poñelos en práctica nos recreos, primeiro ensinandolles en grupo, a canción ou retahíla do xogo e o que deben facer para que máis tarde poidan xogar no momento que queiran.
- Mantemento do invernadoiro do Centro, a través do que os nenos/as traballan, empregando o galego, o nome das plantas, aspectos relacionados coa sembra e recolleita dos productos, recetas feitas cos productos recollidos,...
- Celebración do Día das Letras Galegas, para que os nenos/as coñezan a vida e obra da homenaxeada: María Mariño.
Para fomentar as competencias pasivas (recepción visual e auditiva):
- Sesión de contacontos para os nenos/as de educación Infantil e Primeiro ciclo de Primaria.
- Contacto con autores o ilustradores de literatura galega adecuada a idade dos nenos e nenas do segundo e terceiro ciclo de primaria.
- Proxección de películas e documentais que completen o currículo e nas que se empregue a lingua galega.
- Visionado das montaxes que nenos/as e mestres fan empregando o power point para recrear as actividaes e celebracións colectivas que teñen lugar no centro; Festa do Magosto, de Nadal, celebración do Día da Paz, Entroido, Maios, ...
Para incorparar o emprego das novas tecnoloxías:
- Emprego dos xogos interactivos existentes no portal da Xunta de Galicia para motivar ós alumnos/as ó emprego da lingua.
- Emprego de xogos interactivos comercializados como por exemplo o relacionado coa colección de contos “Contos da Rata Luisa, editados por A Nosa Terra.
- Emprego para completar o currículo do material en galego de novas tecnoloxías que ofertan as distintas editoriais dos textos cos que traballamos.
- Utilizar o coreo electrónico para comunicarnos cos nenos e nenas de outros centros educativos.
- Deseñar material en galego ( encrucillados, preguntas con varias respostas para elixir a correcta,.....) para traballar diferentes lecturas cos nenos e nenas a través dun programa informático denominado “ hot patotoes” ( versión galega feita polos membros desta equipa ).
- Emprego dos equipos informáticos cos que conta o centro para que os alumnos/as redacten todo tipo de textos empregando o galego e para que busquen na rede de internet información sobre distintos aspectos relacionados coa lingua galega e a súa cultura: sobre algún autor, algunha obra, algún lugar sobre o que estén a traballar na aula,...
Para colaborar con outras institucións externas ó centro:
- Participar no certame intercentros do Concello de Narón: Como en anos anteriores, tódolos niveis educativos do centro participan neste certame nas súas diferents modalidades: murais, comics, contos, poesía, expresión oral,...
- Acudir ás sesións de teatro en galego ofertadas polo Concello de Narón.
- Participación nos obradoiros de recuperación de tradicións populares que no centro se levan a cabo contando coa colaboración do Concello de Narón , pois envía ós monitores/as que dirixen as actividades: esfolla do millo, o calabaza e o Samain, a castaña, elaboración de caroutas, de alfombras florais,.....
- Saídas culturais, coas que pretendemos que os nenos coñezan o entorno, así como que aumenten os seus coñecementos sobre os distintos aspectos que se traballan nelas:
- Visita o un outeiro
- Visita ó Monasterio do Couto, Narón
- Visita ó Muiño de Pedroso (elaboración do pan).
- Casa das ciencias, do Home e dos Peixes. A Coruña.
- Visita á Granxa –Escola Belelle, Narón
- Visita ó Parque Temático Aquaciencia, Ferrol.
- Visita a Marcelle, Lugo.
- Visita á Fábrica de Cerámicas do Castro, Sada.
- Visita ó edificio do Concello, da Biblioteca Municipal, e do Auditorio, Narón
Para colaborar con outros centros educativos :
- Intercambiar correo ordinario con nenos e nenas doutros centros de igual ou diferente nivel educativo
Pensamos que si dende a esola podemos poñer en marcha todas estas actividades , repercutirá de modo positivo tanto na Comunidade Educativa como no contorno onde está o noso Centro.
CEIP A Solaina