Iniciar sesión

Procedementos , metas e materias que se imparten en galego

No PCC, e no presente documento no apartado de obxectivos mínimos veñen secuenciais tódolos aspectos curriculares da lingua galega e outras, máis queremos incidir noutras cuestións de procedemento, metas e particularidades propias do noso centro con respecto a andaina do proceso normalizador.
Na educación infantil.
Temos que partir da base de que o alumnado deste ciclo é nun 98% castelanfalante.
Os procedementos marcados polo equipo de ciclo, para acadar o proceso normalizador indicado anteriormente son:

  • Traballar a linguaxe oral nos seguintes aspectos, adiviñas, retahilas, contos, cancións, conmemoración de festas populares e tradicionais, magosto, entroido, maios, etcétera...
  • Posibilidade de que nestes vindeiros cursos o método a seguir na educación infantil sexa en galego.

No 1º ciclo de educación primaria.
Se destaca como obxectivos, 1º adquirir competencia lingüística en lingua galega a nivel oral basicamente, 2º analizar as interferencias lingüísticas entre lingua galega e lingua castelá, sendo conscientes de todo.
As materias que se imparten en galego neste ciclo, trala súa aprobación no Claustro e no Consello Escolar son:

 

  • Lingua Galega
  • Coñecemento do medio.
  • Relixión ou estudio ( a nivel oral).
  • Plástica ( a nivel oral)

As actividades máis significativas son:

 

  • Tódalas festas conmemorativas a nivel de colexio, Nadal, Día da Paz, Entroido, etcétera...
  • O Invernadoiro e aula de natureza, os alumnos traballan os nomes das plantas en galego, nomes dos traballo relacionados coa recolleita dos productos, etcétera..., receitas con productos da horta escolar, etcétera...
  • Murais de distintos temas, animais, plantas, as estacións, etcétera...

Neste ciclo tamén quérese indicar que as metas son difíciles de acadar xa que a lingua materna dos nenos é a castelá.

No 2º ciclo de educación primaria:
Neste ciclo os alumnos comezan a ter un nivel máis importante no dominio das técnicas instrumentais, polo que a meta principal é reducila distancia de emprego entre o castelá e o galego.
Os procedementos a empregar:
Fonética, lectura de textos sinxelos e amenos, linguaxe oral preferentemente. Lectura de imaxes oralmente, ordenando no tempo as ideas principais. Posta en común das ideas sobre un texto lido con anterioridade. Lectura dun conto proposto e contacto co autor, representación de diálogos dos personaxes.
Material expresivo, apoio no invernadoiro existente no colexio, mesturando a parte de coñecemento do Medio (plantas) coas vivencias sobre a observación do que ocorre coas plantas no mesmo e actividades feitas.
Vocabulario de todo texto traballado ou libro proposto.
Aporte e coñecemento do vocabulario que poden presenta-las celebracións realizadas no colexio, Entroido, Paz, Letras Galegas, eleccións ...

No 3º ciclo de educación Primaria:
Entre tódolos obxectivos, contidos, criterios de avaliación e demais  recollidos no PCC, destacamos no noso colexio :

  • O Traballo co libro de texto seleccionado.
  • O traballo co libro de saúde buco- dental.
  • O traballo co libro da prevención do consumo de drogas.

Significamos en canto a actividades complementarias as de teatro, na que os nenos, por grupos, escriben obras de teatro, que logo representan para os alumnos de infantil e 1º ciclo de primaria.
Conferencias, cada neno investiga un tema que logo expón oralmente, diante dos seus compañeiros.
Lectura dos libros da biblioteca ós que logo lles fan a ficha correspondente.
As materias que se imparten en galego no ciclo son: a lingua galega, coñecemento, plástica, a relixión ou estudio.
Destacamos como medida importante normalizadora de que un mestre/a especialista, galego/a falante imparte docencia en tódalas aulas do nivel. Sendo máis exhaustiva a preparación curricular da materia e o apoio a outras de fala galega.

Back to top