Iniciar sesión
Programa anual das actividades complementarias e extraescolares no curso 08-09
As actividades complementarias que podemos desenrolar durante o curso, prográmanse segundo as distintas áreas, e teñen por obxecto, a través do contacto directo, amplia-lo coñecemento e adquisición de hábitos que completen a formación do noso alumnado.
É lóxico que consideremos modificables (as actividades ou saídas); estas poderán suspenderse ou cambiar o seu itinerario, cousa que sinalariamos no seguimento do Plan e que quedaran ao criterio dos profesores/as responsables.
ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS DO CURRICULUM ESCOLAR:
- Participación na piscina dos alumnos do 1º ciclo. Esta actividade é subvencionada polo Concello. Os nenos son acompañados polos mestres do centro, e os monitores de natación fanse cargo dos alumnos dentro da piscina. E só se desenvolverá no 3º trimestre do curso.
- Campaña de “alimentación saudable”.
Consiste que tódolos alumnos tomen na merenda leite, pan e froita.A xestión e organización desta actividade é feita por mestras do centro. Un dos obxectivos prioritarios entre outros moitos e erradicar o consumo de alimentos pouco nutritivos que os nenos están a mercar cada día mais. - Aquelas outras propostas por entidades e institucións que beneficien a formación dos nosos alumnos e que os mestres elixiran si xorden durante o curso.
- Participación nas clases de E.F. por parte dos monitores municipais (piscina, pimpón, balonmán, atletismo)
- Seguir coa aula de informática na que acoden unha vez a semana tódolos cursos de primaria e completan o curriculum escolar a través destes medios.
- Participar cos nenos na recollida de lixo selectiva.
- Cursos de educación vial para os nenos de 4º Primaria e Infantil, colabora a Policía Local e Tráfico.
- Participación na campaña de modificación dos hábitos alimentarios cos nenos de 5º e 4º, xunto co alumnado e profesorado do IES de San Pedro de Leixa.
- Dinamización da biblioteca
- Estase a traballar na informatización paulatina do soporte bibliográfico do centro, a través do programa Meiga.
- Animacións a lectura, que actualmente feita polo persoal que leva a biblioteca.
- Presencia de autores.
- Obradoiros de recuperación de tradicións populares en educación infantil.
Tratase dunha proposta de traballo en colaboración co servicio sociocomunitario do Concello de Narón. Esta opción metodolóxica é globalizada tendo en conta algún tema transversal relacionado coas persoas, sintetizado na cultura de adaptación ó medio. Amosando a cultura como medio de relación ou adecuación ó medio, partindo sempre do contorno próximo ós nenos/as.
Abordaranse temas como o clima, os espacios, recursos naturais, modos de vida, producción alimentaria... Desenvolveranse a través das tres áreas de experiencia da educación infantil: área de identidade e autonomía persoal, área do medio físico e social e área de comunicación e representación.
Observación a este apartado de actividades complementarias:
A participación dos monitores nalgunhas destas actividades ten os seguintes parámetros:
- Monitores con titulación oficial.
- Monitores postos por organismo Municipal.
- Monitores con seguro de responsabilidade civil para exercer.
- Supervisión e dirección da actividade como complemento da materia por parte dos mestres especialistas de ser ocaso.
- Responsabilidade da mestra titora da actividade de non poder presenciar o/a especialista, así como da Dirección do Centro e subsidiariamente a Consellería de Educación e O.U.
OUTRAS ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS A DESENROLAR NO CURSO
INFANTIL 1º, 2º e 3º niveis
- Sesión teatral no auditorio de Narón/Actividades Fundación Caixa Galicia
- Aeroporto/Marcha polo entorno/Bombeiros/Sargadelos en Sada/Alcampo/Viaxe en tren.
- Muíño de Pedroso/Convivencia /Granxa escola Belelle/ Bautismo de mar.
- Concerto didáctico banda Tercio Norte/ Museo de arte contemporáneo da Coruña.
- Visita e concerto da sinfónica de Galicia no Palacio da Opera da Coruña
- Visita a Casa dos Peixes na Coruña.
- Visita Aquaciencia ene Ferrol.
- Saída ao parque temático Marcelle.
- Pasatempos – Betanzos.
- Calquera outra saída que se presente
PRIMARIA
- Casa do Concello, Biblioteca e Auditorio Municipal tódolos cursos de primaria.
- Marecelle – Natureza / Sotavento
Saídas para 1º e 2º ciclo que se irán concretando:
- Bombeiros
- Ruta dos Muíños
- Ciclo do Pan
- Santiago
- Lugo
- 5º a Coruña e Fragas do Eume / 6º Ruta dos Celtas
- Calquera outra saída que se presente.
CONVIVENCIA FINAL DO 2º CICLO
Dende o departamento de Orientación é o segundo curso que se fai esta proposta, consistente en levar ao alumnado de 4º curso de primaria a unha convivencia dun día a un albergue.
Considerase que pola idade do alumnado este é o momento mais axeitado para face-lo.
O momento do curso sería no 2º trimestre.
EXCURSIÓN FIN DE CURSO
Unha vez consultados os titores/as dos alumnos/as e os pais e nais dos mesmos, a Dirección proporá unha excursión fin de curso de dous ou tres días cos alumnos de 6º curso de Primaria.
CONMEMORACIÓNS E FESTAS
- MAGOSTO, farémolo en novembro e celebraremos o Samaín tamén. (decidido na C.C.P.)
Concretaranse na Comisión de Festas :
- DÍA DA PAZ ,celebrarase como festa con tódolos nenos.
- ENTROIDO
- O DÍA DAS LETRAS GALEGAS E OS MAIOS
- CERTAME INTERCENTROS LETRAS GALEGAS: coordinada con outros Centros do Concello. Fanse uns concursos nos que se traballan con murais, cómics, contos, poemas e debuxos.
- A FESTA FIN DE ACTIVIDADES, será o derradeiro día de escola, e estará organizada plenamente pola A.N.P.A do Centro.
- FESTA DO NADAL COA VISITA DOS REIS MAGOS (ANPA)
- BAILE DE DISFRACES NO ENTROIDO (ANPA)
- CONVIVENCIA (ANPA)
- VIOLENCIA DE XÉNERO.
Sobre cada unha destas actividades, poderán prepararse unhas unidades didácticas por niveis coma no caso do Día da Constitución ou o Día do Libro, e o Día da Paz.
O Claustro irá concretando cada unha delas na medida que se vaian propoñendo.
OUTRAS
- Traballo de recuperación e recreación da esfolla, traballo de campo.
- DÍAS NON LECTIVOS.
Ademais dos sinalados no calendario escolar, os do Concello , 23 de novembro e mércores de Cinza
Aproveita-los recursos que temos, xa que o centro ten unha aula medianamente dotada de informática, consideramos que os alumnos debe ter proveito dela.
No currículo escolar, non aparece esta materia, agora ben, parécenos totalmente razoable, introducir unha sesión semanal ós alumnos de 3º ciclo de educación primaria e os de 4º de Educación Primaria, como complemento das materias de Lingua Galega, Española, Educación Artística e Coñecemento do Medio, xa que os tres grandes obxectivos na formación dos escolares de 4º, 5º e 6º sería:
- Coñecer o entorno de WINDOWS .
- Traballa-la lingua galega e castelán nun procesador de texto.
- Exercitarse en programas de debuxo, de ciencias naturais e de xeografía.
- Manexo básico de internet
CEIP A Solaina