Iniciar sesión
Dereitos e deberes do alumnado
DEREITOS E DEBERES MÁIS SIGNIFICATIVOS DO ALUMNADO.
Coa finalidade de propiciar a existencia dun adecuado nivel de convivencia no centro docente, establécese o marco normativo dentro do cal deben desenvolverse as competencias disciplinarias que a normativa vixente atribúe aos órganos colexiados do centro.
Nesta epígrafe recóllense pois, os dereitos e deberes do alumnado así coma as faltas, sancións e garantías de procedementos, de acordo co regulamento que se fai no Real decreto do 5 de maio do 1995.
Pero nós indicamos neste documento como máis significativos os seguintes:
DEBERES:
- O alumnado debe asistir con puntualidade ás clases e participar nas actividades correspondentes.
- Cumprir e respectar os horarios das actividades escolares.
- Seguir as orientacións do profesorado respecto da súa aprendizaxe mostrando o debido respecto e consideración.
- Respectar o dereito de estudio e aprendizaxe dos seus compañeiros/as.
- Respectar a liberdade de conciencia e as conviccións relixiosas e morais de toda a comunidade educativa.
- Non discriminar a ninguén por razóns de sexo, raza, posición social, discapacidade...
- Respectar o proxecto educativo do centro.
- Coidar e respectar os mobles do centro tanto no interior como no exterior.
- Deben participar na vida e desenvolvemento das actividades do centro.
- Non ofender con inxurias ou indisciplina os membros da comunidade educativa.
- Non agredir física ou psiquicamente a ningún membro da comunidade.
DEREITOS
- O alumnado ten dereito a que se respecte a súa liberdade de conciencia, as súas conviccións relixiosas, morais e ideolóxicas, así como a súa intimidade no que atinxe a tales crenzas ou condicións.
- Todo o alumnado ten dereito a que se respecte a súa integridade física e moral, e a súa dignidade persoal, non podendo ser obxecto en ningún caso de tratos vexatorios ou degradantes ou que supoñan menoscabo da súa dignidade.
- O alumnado ten dereito a participar no funcionamento e na vida do centro, de acordo co disposto na Lei orgánica reguladora do dereito da educación e nos respectivos regulamentos orgánicos.
- O alumnado ten dereito a recibir unha formación que asegure o pleno desenrolo da súa personalidade
- Ten dereito a que o seu rendemento escolar sexa avaliado con plena obxectividade.
- Calquera outro recollido no Real decreto do 5 maio de 1995
CEIP A Solaina