Iniciar sesión
Dereitos e deberes do profesorado
DEREITOS MÁIS SIGNIFICATIVOS DOS/AS MESTRES/AS:
- Liberdade de cátedra.
- Asistencia ás actividades de actualización.
- Liberdade para reunións no centro.
- Dereito a que se respecte a súa integridade física e moral, e a súa dignidade persoal.
DEBERES MÁIS SIGNIFICATIVOS DOS MESTRES/AS:
- Cada titor/a ou mestre/a acompañará o seu alumnado, colocándose diante da fila nas horas de entrada no centro, ocupando cada fila o seu lugar.
- Os/as mestres/as sairán da sala de mestres no 1º toque da sirena, antes do 2º toque, para controlar a colocación dos seus alumnos/as.
- Cada titor/a ou mestre/a controlará as saídas das aulas do alumnado, tanto para ir ao servizo como para calquera outra cuestión.
- Todos os compoñentes da comunidade educativa poderán e deberán facerlle suxestións, por escrito, ou verbalmente, ao equipo directivo para ser máis resolutivos en ben da comunidade.
- Os/as titores/as farán reunións cos pais e nais do alumnado dun xeito colectivo e individual, para tratar as dificultades específicas e tamén para ter un trato de coñecemento directo co conxunto de todo os pais e nais.
CEIP A Solaina