Iniciar sesión
Os obxectivos do centro
A. DO ÁMBITO PEDAGÓXICO:
- Erradicar das aulas o autoritarismo, a competencia e os castigos, tanto físicos como psíquicos, potenciando unha ensinanza activa na que se desevolvan a iniciativa e a creatividade.
- Utilizar con fluidez as dúas linguas oficiais.
- Proporcionarlle ao alumnado do noso centro os instrumentos da análise científica e fomentar a capacidade de observación, de crítica e a adquisición de hábitos de traballo intelectual.
- Potenciar un réxime de coeducación no que non se produza discriminación algunha por razón de sexo, ou outras razóns.
- Incorporar nas programacións didácticas obxectivos e contidos relacionados co contorno próximo do alumnado.
B. DO ÁMBITO INSTITUCIONAL
- Establecer relacións sistemáticas de colaboración co IES da zon, IES As Telleiras.
- Favorecer a participación do profesorado nas actividades de formación permanente e de intercambio de experiencias.
C. ÁMBITO HUMANO E DE SERVIZOS.
- Conseguir a implantación, o respecto e a observancia do Regulamento de Réxime Interno.
CEIP A Solaina