Iniciar sesión
Normalización Lingüística
Proxecto de Fomento do Uso do Galego - Curso 2008 · 2009
A Resolución do 5 de setembro do 2008 –Pola que se anuncia a convocatoria para a presentación de proxectos de fomento do uso do galego dos centros de titularidade pública de Galicia que imparten ensinanzas regradas de niveis non universitarios, para o curso escolar 2008-2009- posibilita ao tempo que fai que haxa que elaborar un proxecto que se poñerá en práctica no actual curso académico.
O devandito proxecto integra no seu seo algunhas actividades e propostas que, iniciadas no 2007-2008, será necesario continuar no presente curso, e implicará a participación de todo o profesorado e alumnado do Centro.
A Lei de Normalización Lingüística (1983) di no seu artigo 13.2 “As autoridades educativas da comunidade autónoma de Galicia arbitrarán medidas encamiñadas a promover o uso progresivo do galego no ensino”. Este artigo sérvenos para reflexionar sobre se nós coma mestres/as estamos elaborando medidas de promoción da lingua galega. Pero tamén é certo que a elaboración deste proxecto e a mesma reflexión sobre a nosa situación é un avance e pode aportar medidas que fagan que a lingua siga viva.
1.OBXECTIVOS:
No Plan Xeral para o Uso do Idioma e no Plan Específico para o Ensino en lingua galega, recollidos no Proxecto Curricular de Centro, e concretados para un ano académico, na Programación Xeral Anual (PXA) atopamos os seguintes obxectivos:
- Xuntar esforzos na procura da progresiva implantación do galego coma lingua habitual no Centro;
- Mellorar as competencias e aptitudes lingüísticas dos diferentes membros da Comunidade Educativa.
- Avanzar no coñecemento da realidade galega: historia, literatura, arte, folclore, etc.
- Acadar unha valoración positiva entre o noso alumnado e as súas familias sobre a lingua e a cultura propias de Galicia.
- Potenciar a credibilidade e confianza nas posibilidades expresivas, de creatividade e comunicativas en lingua galega.
- Empregar as novas tecnoloxías como recurso para o ensino e aprendizaxe da lingua galega.
- Colaborar con outras institucións no desenvolvemento de accións tendentes a favorecer o coñecemento da lingua e da realidade galega.
O Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do CEIP “A Solaina”, coa axuda e colaboración de tódolos outros membros do Claustro; en especial traballando conxuntamente co Equipo de Actividades Extraescolares e Complementarias, proponse traballar intensamente para acadar a consecución dos obxectivos antes citados. Para isto temos o apoio do Claustro, para facer do galego lingua cotiá do noso alumnado e de nós mesmos.
2. MEDIDAS TENDENTES Á CONSECUCIÓN DOS OBXECTIVOS:
Para poder acadar os obxectivos antes enumerados é necesario que a priori establezamos unha serie de medidas que todos nós (pais/nais, profesores e alumnado) debemos respectar:
- Que o galego non quede relegado só ás áreas obrigatorias.
- Fomentar a lectura e escritura en galego.
- Pedir a colaboración das familias para que lles falen máis en galego aos nenos/as e lles destaquen a importancia da lingua.
- Espertar no alumnado a valoración positiva da nosa cultura.
- Que os mestres/as teñan material de consulta axeitado para a súa capacitación e sexan sempre un exemplo, para os nenos/as.
- Que nas reunións e comunicados se use sempre a lingua galega, así coma noutras situación que xorden da vida cotiá.
- Conseguir material didáctico axeitado para promocionar o xogo en galego.
- Fomentar e poñer en práctica tarefas que se desenvolvan co emprego da lingua galega a nivel oral.
- Continuar a dar a coñecer e recuperar tradicións populares, buscando a implicación de toda a comunidade escolar.
- Facer un centro en galego e galego.
- Usar o galego na celebración de tódalas festividades e conmemoracións do centro: Magosto, Nadal, Entroido…
- Facer as festas e conmemoracións relacionadas co acervo cultural galego. Por exemplo, traballar unha visión galega do Entroido: cigarróns, peliqueiros….
- Coñecer/Ver o galego como unha lingua viva que evoluciona e se atopa na rúa, nos organismos oficiais, na literatura, na prensa….
3. BREVE ANÁLISE SOCIOLINGÜÍSTICA:
Atopamonos nun centro urbano, situado no barrio da Solaina, que pertence á parroquia de Santa Icía, no Concello de Narón. A parroquia de Santa Icía conta con 6.293 habitantes e unha superficie de 1.75 km cadrados.
A maioría das familias que aquí viven presentan un nivel sociocultural medio. Respecto á lingua galega temos o seguinte panorama:
Un profesorado capacitado para empregar de forma habitual o galego, xa sexa por ser a lingua nai dalgúns deles/as ou tamén por formación académica.
Un conxunto de pais e nais que son maioritariamente castelán falantes pero con actitudes favorables de cara á súa fala. Na súa maioría observamos un interese pola súa ensinanza e sobre todo polos costumes que se foron perdendo ao longo dos anos e que algúns avós e avoas aínda recordan de cando eran nenos/as.
O claustro deste centro está de acordo en traballar a prol do galego.
Como a actitude da Comunidade educativa é favorable, entendendo por actitude “unha tendencia ou predisposición relativamente estable a actuar –neste caso favorablemente- con respecto a obxectivos e situacións sociais.
Deste xeito, estudando os grupos sociais poderemos configurar un mapa actitudinal de toda a poboación do centro.
Como as actitudes tenden a ser modificables, traballaremos sobre estas actitudes lingüísticas para intentar cambialas.
Para iso pasouse o curso pasado unha enquisa entre os nenos/as do 2º e 3º ciclo de Educación primaria e os/as pais/nais dos/as nenos/as de Educación infantil e 1º ciclo de Educación primaria, de onde obtivemos datos de tódolos sectores involucrados.
4. ACTIVIDADES:
Ó longo deste curso académico 2008-2009 levaremos adiante –na medida que sexa posible- as seguintes actividades: (que vamos a explicar e clasificar de acordo a diferentes apartados)
4.a.- Actividades para implicar á comunidade educativa:
- Emprego da lingua galega en reunións con pais e nais, nos claustros, nos consellos escolares, e nas reunións dos distintos equipos de coordinación didáctica existentes no centro.
- Continuarase a realizar o traballo de revisión e cambio da nomenclatura das distintas estancias do centro que aínda se conserven en castelán. Asegurarémonos de que todo estea en galego.
- Seguir completando a páxina web do centro (en galego) e promover, a través de diferentes enlaces, a consulta doutras páxinas de interese.
- Configurar tódolos computadores do centro para que o galego sexa o idioma predeterminado en todos eles.
- Elaboraremos unha serie de modelos de comunicación que, como todos os que parten do equipo directivo xa se redactan sempre en galego, nos centraremos nos avisos e citacións que parten dos/as titores/as e os equipos de ciclo.
4.b.- Actividades para fomentar o uso oral e/ou escrito da lingua:
- Actividades de animación á lectura preparadas polo equipo de mestres/as que se encarga do funcionamento da biblioteca do centro.
- Recompilación de material –informático e/ou impreso que axude ao profesorado a traballar en galego.
- Elaboración dunha revista anual (o primeiro nº publicouse o curso 2007-2008). Onde todos ou a meirande parte dos traballos terán como fío condutor un tema de importante significado para o centro e que será escollido polo claustro a proposta do equipo de normalización lingüística e o de actividades extraescolares e complementarias.
- Continuaremos a facer un traballo de recolección/clasificación e nomenclatura en galego da flora do patio e do contorno do centro (Planificar cos Ciclos). Isto rematarase cunha presentación informatizada e impresa do traballo realizado que se poderá utilizar como recurso para traballar na aula.
- Celebración do Día das Letras Galegas, para que os nenos/as coñezan a vida e obra do homenaxeado: Ramón Piñeiro.
- Ampliación do dossier de xogos tradicionais. Estes xogos se levarán ao patio onde os nenos/as poderán xogar no seu tempo de lecer. Establecerase un lugar no patio para cada un e se irán rotando ao longo do curso. O último mes, xuño, deixaranse os que tivesen máis éxito entre o alumnado.
- Organización da actividade “24 horas en galego”, xa prevista para o curso pasado e que debido ao número de actividades do programa quedou para este curso. Esta actividade, acompañada dunha abundante publicidade na escola, consiste en animar ao profesorado e ao resto do persoal do centro a probaren usar o galego durante 24 horas como única lingua e reflexionar sobre a experiencia.
- Organización dun concurso de fotografía “Galicia Viva”, entre os alumnos e alumnas do 3º ciclo de Educación Primaria, que pretende recoller imaxes que representen a realidade cultural presente e pasada de Galicia. As fotografías resultantes serán expostas no centro e poderase compartir a exposición con outros colexios que estean interesados.
4.c.- ACTIVIDADES PARA FOMENTAR AS COMPETENCIAS PASIVAS (recepción visual e auditiva):
- Sesión de contacontos para os nenos/as de educación Infantil e Primeiro ciclo de Primaria.
- Contacto con autores ou ilustradores de literatura galega adecuada á idade dos nenos e nenas do segundo e terceiro ciclo de primaria.
- Proxección de películas e documentais que completen o currículo e nas que se empregue a lingua galega.
4.d.- ACTIVIDADES PARA FOMENTAR O GALEGO NO EMPREGO DAS NOVAS TECNOLOXÍAS:
- Emprego dos xogos interactivos existentes no portal da Xunta de Galicia.
- Impulsaremos o uso das novas tecnoloxías promovendo a súa identificación co uso do galego. Para iso crearemos un blog partindo das actividades da biblioteca.
- Continuar coa adquisición de xogos interactivos.
- Difusión entre o profesorado de xogos na rede ou programas informáticos para traballar en galego.
4.e.- ACTIVIDADES DE COLABORACIÓN CON OUTRAS INSTITUCIÓNS:
- Participar no certame intercentros do Concello de Narón:
- Como en anos anteriores, tódolos niveis educativos do centro participan neste certame nas súas diferentes modalidades: murais, cómics, contos, poesía, expresión oral,...
- Acudir ás sesións de teatro en galego ofertadas polo Concello de Narón.
- Participación nos obradoiros de recuperación de tradicións populares que no centro se levan a cabo contando coa colaboración do Concello de Narón: esfolla do millo, o Samaín, elaboración de carautas, de Maios, .....
- Compartir coa asociación de veciños a recompilación da actividade “Flora do Centro” como un recurso e un fondo de investigación feito polos nenos e nenas.
- Saídas culturais, coas que pretendemos que os nenos coñezan o contorno, así como que aumenten os seus coñecementos sobre os distintos aspectos que se traballan nelas.
4.f.- ACTIVIDADES DE COLABORACIÓN COS OUTROS CENTROS EDUCATIVOS:
- Compartir –de ser posible- as fotografías da exposición “Galicia Vive”.
- Acudir a outros centros educativos –pendente de confirmación- á sesión onde se expliquen os xogos ós que nós xogamos no patio de recreo, como forma de difusión do noso traballo de investigación.
O proceso de Normalización Lingüística no Centro
A escola pretende ser bilingüe. Manifestamos que no CEIP da Solaina, deberán garantirse que ó finalizar a escolaridade os alumnos teñan un correcto dominio oral e escrito das dúas linguas oficiais.
Todo docente debe ser coñecedor do Decreto 247/1995, do 14 de setembro, polo que se desenvolve a Lei 3/1983, de normalización lingüística. E tódolos membros da comunidade educativa a través do presente proxecto educativo de centro, van ter elementos para valorar que estes garantan unha aprendizaxe e consigan unha implantación de hábitos lingüísticos en prol do idioma galego.
Procedementos , metas e materias que se imparten en galego
No PCC, e no presente documento no apartado de obxectivos mínimos veñen secuenciais tódolos aspectos curriculares da lingua galega e outras, máis queremos incidir noutras cuestións de procedemento, metas e particularidades propias do noso centro con respecto a andaina do proceso normalizador.
Na educación infantil.
Temos que partir da base de que o alumnado deste ciclo é nun 98% castelanfalante.
Os procedementos marcados polo equipo de ciclo, para acadar o proceso normalizador indicado anteriormente son:
- Traballar a linguaxe oral nos seguintes aspectos, adiviñas, retahilas, contos, cancións, conmemoración de festas populares e tradicionais, magosto, entroido, maios, etcétera...
- Posibilidade de que nestes vindeiros cursos o método a seguir na educación infantil sexa en galego.
No 1º ciclo de educación primaria.
Se destaca como obxectivos, 1º adquirir competencia lingüística en lingua galega a nivel oral basicamente, 2º analizar as interferencias lingüísticas entre lingua galega e lingua castelá, sendo conscientes de todo.
As materias que se imparten en galego neste ciclo, trala súa aprobación no Claustro e no Consello Escolar son:
- Lingua Galega
- Coñecemento do medio.
- Relixión ou estudio ( a nivel oral).
- Plástica ( a nivel oral)
As actividades máis significativas son:
- Tódalas festas conmemorativas a nivel de colexio, Nadal, Día da Paz, Entroido, etcétera...
- O Invernadoiro e aula de natureza, os alumnos traballan os nomes das plantas en galego, nomes dos traballo relacionados coa recolleita dos productos, etcétera..., receitas con productos da horta escolar, etcétera...
- Murais de distintos temas, animais, plantas, as estacións, etcétera...
Neste ciclo tamén quérese indicar que as metas son difíciles de acadar xa que a lingua materna dos nenos é a castelá.
No 2º ciclo de educación primaria:
Neste ciclo os alumnos comezan a ter un nivel máis importante no dominio das técnicas instrumentais, polo que a meta principal é reducila distancia de emprego entre o castelá e o galego.
Os procedementos a empregar:
Fonética, lectura de textos sinxelos e amenos, linguaxe oral preferentemente. Lectura de imaxes oralmente, ordenando no tempo as ideas principais. Posta en común das ideas sobre un texto lido con anterioridade. Lectura dun conto proposto e contacto co autor, representación de diálogos dos personaxes.
Material expresivo, apoio no invernadoiro existente no colexio, mesturando a parte de coñecemento do Medio (plantas) coas vivencias sobre a observación do que ocorre coas plantas no mesmo e actividades feitas.
Vocabulario de todo texto traballado ou libro proposto.
Aporte e coñecemento do vocabulario que poden presenta-las celebracións realizadas no colexio, Entroido, Paz, Letras Galegas, eleccións ...
No 3º ciclo de educación Primaria:
Entre tódolos obxectivos, contidos, criterios de avaliación e demais recollidos no PCC, destacamos no noso colexio :
- O Traballo co libro de texto seleccionado.
- O traballo co libro de saúde buco- dental.
- O traballo co libro da prevención do consumo de drogas.
Significamos en canto a actividades complementarias as de teatro, na que os nenos, por grupos, escriben obras de teatro, que logo representan para os alumnos de infantil e 1º ciclo de primaria.
Conferencias, cada neno investiga un tema que logo expón oralmente, diante dos seus compañeiros.
Lectura dos libros da biblioteca ós que logo lles fan a ficha correspondente.
As materias que se imparten en galego no ciclo son: a lingua galega, coñecemento, plástica, a relixión ou estudio.
Destacamos como medida importante normalizadora de que un mestre/a especialista, galego/a falante imparte docencia en tódalas aulas do nivel. Sendo máis exhaustiva a preparación curricular da materia e o apoio a outras de fala galega.
Proxecto de Fomento do Uso do Galego - Curso 2006 · 2007
A posta en práctica deste proxecto, terá lugar no actual curso académico, e como máis adiante se poderá observar tamén conta con actividades e propostas que será necesario continuar no vindeiro curso, e implicará a participación de todo o profesorado e todo o alumnado do Centro.
En canto ó breve estudio sociolingüístico podemos dicir que nos atopamos nun centro urbano, situado na parroquia de Sta. Icia no Concello de Narón, no que a maioría das familias presentan un nivel socio- cultural medio e que presenta con respecto á lingua a seguinte realidade:
Profesorado con capacidade para empregar de xeito habitual o galego, non só por ser a lingua nai da maioría, senón tamén por formación académica.
Pais e nais e alumnos na súa maioría castelán falantes.
É por isto polo que dende o Centro vemos necesario traballar en prol do galego .
No Plan Xeral para o Uso do Idioma e no Plan Específico para o Ensino en lingua galega, recollidos no Proxecto Curricular de Centro atopamos os seguintes obxectivos :
- Aunar esforzos na búsqueda da progresiva implantación do galego como lingua habitual no Centro.
- Mellorar as competencias e aptitudes lingüísticas dos diferentes membros da Comunidade Educativa.
- Avanzar no coñecemento da realidade galega: historia, literatura, arte, folclore, etc.
- Acadar unha valoración positiva entre o noso alumnado e as súas familias sobre a lingua e a cultura propias de Galicia.
- Potenciar a credibilidade e confianza nas posibilidades expresivas, de creatividade e comunicativas en lingua galega.
- Empregar as novas tecnoloxías como recurso para o ensino e aprendizaxe da lingua galega.
- Colaborar con outras instituciones no desenvolvemento de accións tendentes a favorecer o coñecemento da lingua e da realidade galega.
Equipa de Normalización Lingüística do Ceip “A Solaina”, coa axuda e colaboración de todos os outros membros do Claustro , proponse traballar intensamente para acadar a consecución dos obxectivos antes citados, para o que cre necesario, por un lado ter en conta as seguintes medidas :
- Que o galego non quede relegado só ás áreas obrigatorias.
- Fomentar a lectura e escritura en galego.
- A colaboración das familias para que lles falen galego aos nenos/as e lles destaquen a importancia da lingua.
- Despertar no alumnado a valoración positiva da nosa cultura.
- Que os mestres/as teñan material de consulta axeitado para a súa capacitación e sexan sempre un ejemplo, para os nenos/as, sen caer na diglosia.
- Que nas reunións e comunicados se use sempre a lingua galega, así como noutras situación que xorden da vida cotiá.
- Conseguir material didáctico axeitado que promocione o xogo en galego.
- Fomentar e poñer en práctica tarefas que se desenvolvan co emprego da lingua galega a nivel oral.
- Dar a coñecer e recuperar tradicións populares, buscando a implicación de toda a comunidade escolar.
E por outro, por en marcha as seguintes actividades :
Para implicar á comunidade educativa:
- Emprego da lingua galega en reunións con pais e nais, nos claustros, nos consellos escolares, e nas reuniones dos distintos equipos de coordinación didáctica existentes no centro.
- Emprego da lingua galega en todo tipo de comunicados, murais, posters , ... que se expoñan no centro.
- Incidir tamén para que no vindeiro curso o número de libros de texto e áreas curriculares que se impartan en galego aumenten, así como a continuación cos métodos editoriais en galego que se están a utilizar en educación infantil.
Para fomentar o emprego real ( oral e escrito) da lingua:
- Actividades de animación á lectura preparadas polo equipo de mestres que se engarga do funcionamiento da biblioteca do centro.
- Teatro e recitado de poemas, escritos polos alumnos, ou xa editados que os nenos /as de cursos superiores preparan e representan para os máis pequenos.
- Elaboración ( por parte de todos os mestres/as) de xogos con temática galega tipo Trivial, Tabú, Pictionary adaptados ós diferentes niveis educativos, para o seu emprego nas aulas.
- Búsqueda e recopilación de Xogos populares Galegos para poñelos en práctica nos recreos, primeiro ensinandolles en grupo, a canción ou retahíla do xogo e o que deben facer para que máis tarde poidan xogar no momento que queiran.
- Mantemento do invernadoiro do Centro, a través do que os nenos/as traballan, empregando o galego, o nome das plantas, aspectos relacionados coa sembra e recolleita dos productos, recetas feitas cos productos recollidos,...
- Celebración do Día das Letras Galegas, para que os nenos/as coñezan a vida e obra da homenaxeada: María Mariño.
Para fomentar as competencias pasivas (recepción visual e auditiva):
- Sesión de contacontos para os nenos/as de educación Infantil e Primeiro ciclo de Primaria.
- Contacto con autores o ilustradores de literatura galega adecuada a idade dos nenos e nenas do segundo e terceiro ciclo de primaria.
- Proxección de películas e documentais que completen o currículo e nas que se empregue a lingua galega.
- Visionado das montaxes que nenos/as e mestres fan empregando o power point para recrear as actividaes e celebracións colectivas que teñen lugar no centro; Festa do Magosto, de Nadal, celebración do Día da Paz, Entroido, Maios, ...
Para incorparar o emprego das novas tecnoloxías:
- Emprego dos xogos interactivos existentes no portal da Xunta de Galicia para motivar ós alumnos/as ó emprego da lingua.
- Emprego de xogos interactivos comercializados como por exemplo o relacionado coa colección de contos “Contos da Rata Luisa, editados por A Nosa Terra.
- Emprego para completar o currículo do material en galego de novas tecnoloxías que ofertan as distintas editoriais dos textos cos que traballamos.
- Utilizar o coreo electrónico para comunicarnos cos nenos e nenas de outros centros educativos.
- Deseñar material en galego ( encrucillados, preguntas con varias respostas para elixir a correcta,.....) para traballar diferentes lecturas cos nenos e nenas a través dun programa informático denominado “ hot patotoes” ( versión galega feita polos membros desta equipa ).
- Emprego dos equipos informáticos cos que conta o centro para que os alumnos/as redacten todo tipo de textos empregando o galego e para que busquen na rede de internet información sobre distintos aspectos relacionados coa lingua galega e a súa cultura: sobre algún autor, algunha obra, algún lugar sobre o que estén a traballar na aula,...
Para colaborar con outras institucións externas ó centro:
- Participar no certame intercentros do Concello de Narón: Como en anos anteriores, tódolos niveis educativos do centro participan neste certame nas súas diferents modalidades: murais, comics, contos, poesía, expresión oral,...
- Acudir ás sesións de teatro en galego ofertadas polo Concello de Narón.
- Participación nos obradoiros de recuperación de tradicións populares que no centro se levan a cabo contando coa colaboración do Concello de Narón , pois envía ós monitores/as que dirixen as actividades: esfolla do millo, o calabaza e o Samain, a castaña, elaboración de caroutas, de alfombras florais,.....
- Saídas culturais, coas que pretendemos que os nenos coñezan o entorno, así como que aumenten os seus coñecementos sobre os distintos aspectos que se traballan nelas:
- Visita o un outeiro
- Visita ó Monasterio do Couto, Narón
- Visita ó Muiño de Pedroso (elaboración do pan).
- Casa das ciencias, do Home e dos Peixes. A Coruña.
- Visita á Granxa –Escola Belelle, Narón
- Visita ó Parque Temático Aquaciencia, Ferrol.
- Visita a Marcelle, Lugo.
- Visita á Fábrica de Cerámicas do Castro, Sada.
- Visita ó edificio do Concello, da Biblioteca Municipal, e do Auditorio, Narón
Para colaborar con outros centros educativos :
- Intercambiar correo ordinario con nenos e nenas doutros centros de igual ou diferente nivel educativo
Pensamos que si dende a esola podemos poñer en marcha todas estas actividades , repercutirá de modo positivo tanto na Comunidade Educativa como no contorno onde está o noso Centro.
CEIP A Solaina