Magosto 2003 Arriba Fotos 2003

Este ano tivemos moi bo día para celebrar O Magosto.
A andaina ata os Milagres foi moi entretida, xa que gozamos moito dos lugares polos que pasamos, algúns nenos aproveitaron a andaina para recoller cogomelos nas beiras dos camiños.

Fixemos o magosto na explanada do Santuario. Alí coincidimos cos nenos e nenas do colexio da Purísima de Ourense cos cales xogamos e nos divertimos.

Os xogos estrela foron o fútbol e o pano (¿qué raro?.

A comida consistiu en chourizos asados con pan, castañas,  bica de Maceda e Donuts. Para  beber refrescos variados.