Arriba Magosto 2004 Magosto 2003 Magosto 2002


O día de San Martiño  (11 de novembro) é tradición na provincia de Ourense celebrar o magosto. No noso centro o venres desa semana saímos a facelo o pobo dos Milagres.

O camiño de ida ata os Milagres facémolo andando (uns 3 km) coa axuda de Protección Civil que nos transporta as viandas e os aparellos necesarios para poder celebrar a festa.

Ó chegar ó destino, mentres os mestres fan o lume para asar ás castañas, os nenos e o resto de mestres realizan diversas actividades lúdicas, sendo as máis solicitadas o xogo do pano, a corda e como non ¡o fútbol!, sobretodo se hai nenos de outros colexios celebrando tamén a festa.
Unha vez rematada a comida é cando os nenos se divirten máis pois chega a hora de pintarse coa cinsa  que quedou do lume. ¡¡Non pode quedar ninguén sen pintar!!.

Unha vez rematado o magosto os autobuses véñennos a buscar ós Milagres e desde alí regresamos para as nosas casas.
Se queredes saber máis sobre esta festa podedes mirar a web que elaborou Xosé Antón Vicente sobre O Magosto. (Xosé Antón é colaborador de Edugaliza.org.).