Magosto 2004

Arriba Andaina Comida Xogos


Celebramos O Magosto o día 12 de novembro no mesmo lugar que en anos anteriores, é dicir nos arredores do Santuario da Virxe dos Milagres. Tivemos moita sorte co tempo, aínda que estivemos a piques de suspendelo porque amenazaba a choiva.
Coma tódolos anos fomos andando desde Molgas ata os Milagres coa colaboración de varios membros de Protección Civil.

Fixemos o magosto na explanada do Santuario. Alí volvimos a coincidir cos nenos e nenas do colexio da Purísima de Ourense cos cales xogamos e nos divertimos.

Os xogos estrela foron o fútbol, o pano e saltar á corda (¿qué raro?.

A comida consistiu en chourizos asados con pan, castañas,  bica de Maceda e Donuts. Para  beber refrescos variados. Os nenos que non lles gostaba o chourizo fixéronselle bocadillos variados.