 |
Había o gran perigo de que o visitante non atopara a cabana do seu
amigo, na noite pecha do mes de decembro e, para axudalo, advertilo e guialo ó
lugar da cita, o amigo decidiu por unha serie de luciñas nun abeto que había
ó pé da casa. Tamén conta a lenda que o leñador pensou que sería bo
adorna-la árbore con tódolos recordos bonitos que tiña na cabana e pendurar
dela os seus regalos para darlle a benvida e demostrarlle a súa ledicia por
estar xuntos nesas Festa.
|