Arriba
Burga
Balneario
Ponte romana
Anxuiña
Os ríos
Os Milagres
     
          A súa visita é obrigada. Atópase situado no monte Medo, xusto ó pé da Serra de San Mamede, na parroquia de Vide; é rexentada polos Padres Paules. A devoción á Virxe crece a finais do século XVI e XVII. Nun principio era a Nosa Señora do Medo, no século XVIII as xentes do pobo comezaron a chamarlle Nosa señora dos Milagres. O templo actual foi construído no ano 1731, con gran influencia barroca e neoclásica. Presenta a característica de que a súa fachada foi concibida coma un retablo de pedra para poder celebrar nela o culto os días de moita afluencia de fieis. O santuario é moi famoso en toda a comarca nel celébranse exercicios espirituais, retiros, catequeses, cursiños ... pero cando máis afluencia de peregrinos e fieis se produce é no verán e sobretodo nas chamadas Novenas, previas a festa da Natividade da Nosa Señora dos Milagres que se celebra o 8 de setembro de cada ano
Capela Santuario