|
|
|||
|
|
|||
| Baños de Molgas é un concello do interior de Ourense que se atopa situado no val de O Medo, ó pé da serra de San Mamede, compartindo comarca con Maceda, Xunqueira de Espadañedo e Vilar de Barrio. Está bañado polos ríos Arnoia, Tioira e Sor, que ofrecen ó visitante paraxes preciosos que invitan a dar un paseo polas súas ribeiras. | |||
| Ten unha superficie de 68,25 km2 e no ano 2002 tiña 2157 habitantes. Nos últimos anos está descendendo o número de habitantes debido a múltiples factores, pero quizás o máis importante é que moita xente vaise porque o seu lugar de traballo está lonxe de aquí. | |||
| Vivir en Baños de Molgas é un privilexio porque nos ofrece todas as vantaxes dun pobo do interior,pero ó mesmo tempo estamos preto (menos de 30’) da capital da provincia. | |||
| Historicamente Molgas é coñecida polas súas augas termais pero ademais podemos destacar a alta calidade de vida dos seus habitantes, a hospitalidade das xentes, as belezas naturais incomparables e para o visitante un bo número de prazas hoteleiras repartidas entre os hoteis Anxuiña e Balneario e o hostal Os Milagres. | |||
| Por último sinalar que para nós, os nenos, no concello hai un lugar de gran importancia e que apreciamos moito que é o noso colexio. Nel pasámolo moi ben, sobretodo nos recreos e aprendemos moito gracias os nosos compañeiros e profesores. | |||