|













| |


|
  |
-
O
colexio podémolo definir como centro rural,
pois a maioría dos nenos son dos pobos (un 87%). Recibe nenos das
seguintes parroquias
-
Viven
en casas confortables, ben acondicionadas (a maioría), e teñen un sitio
adecuado para o estudio, o que favorece o seu rendemento, aínda que non
sempre sexa así.
-
A
maioría falan galego na casa, no pobo e na escola; todos eles o entenden.
O grupo de castelán falantes é fixo e céntrase no alumnado de Molgas.
-
Sobre
o hábito da lectura, en xeral, non o teñen. Canto máis cativos son máis
lles gusta ler, aínda que a medida que se fan maiores van perdendo
interese pola lectura.
-
Os
núcleos familiares son pequenos, con tendencia a ter
un só fillo/a.
-
En
canto o traballo dos pais e nais cabe sinalar:
-
O
pai traballa na maioría dos casos, pero poucos son agricultores, cousa
rara no medio rural. Predominan os obreiros e os empresarios
autónomos.
-
As
nais que traballan fano en diversas profesións, relegando a
agricultura a un segundo lugar. A pesares disto todas traballan algo
no campo.
-
Cabe sinalar que é unha zona onde non hai parados, aínda si que hai
bastantes emigrantes, predominando zona s do País Vasco e Suíza.
-
A
poboación está bastante
dispersa, un 87% dos nenos utilizan o Transporte
Escolar, isto leva consigo que os nenos e nenas non teñan outros/as con
que xogar, e que os seus amigos/as sexan de Ourense, Vascongadas ou
fillos de emigrantes no estranxeiro.
|
|