Arriba
Actividades
Contidos
Fotos

Esta actividade permitiu que os nosos alumnos alcanzaran  coñecementos básicos e unha formación correcta no campo forestal, que lles facilitaran o realizar unha valoración do monte acorde coa importancia que está adquirindo e desenvolve-las actitudes e os comportamentos que reclaman as novas funcións que ten que cumpri-lo bosque. A información foi facilitada a través de monitores e profesores competentes nesta materia e coa axuda de material escolar e divulgativo correctamente deseñado, coma cómics, vídeos, murais, ferramentas orixinais, un programa para o ordenador, ...

Realizamos as seguintes actividades forestais:

  • Aprendemos as técnicas de plantación de árbores: piñeiros, abeleira, carballos,...

  • Ensináronnos algún truco para o aproveitamento silvícola: a maneira homoxénea de distribuír ás árbores no terreo para que medren sen torcerse.

  • Fixemos prácticas no exterior do recinto a través de sendeiros interpretativos do entorno natural da aula.

  • Un grupo de bombeiros amosounos como actúan cando hai lume no monte.

  • Regaláronnos árbores a todos para que os plantaramos nos nosos pobos.