Elaboración dunha webquest

Centro de Formación e Recursos de Ourense

Inicio Programa Contidos Software Ligazóns Contacto
As miniquest

Son a versión reducida a tres pasos da webquest, pero conservando a esencia da súa proposta didáctica, promovendo o pensamento crítico e a construcción do coñecemento.

A diferencia básica está na economía do tempo, tanto na fase de deseño por parte do profesor, que se reduce a 3 ou 4 horas, como na aplicación cos alumnos que se realiza en dúas sesións de 50 minutos. Polo tanto, as miniquests son aptas para profesores e alumnos que se inician na introducción das TIC na práctica docente e para traballar un aspecto concreto do currículum sin ocupar moito tempo.

Elementos dunha miniquest

O ESCENARIO

Establece un contexto "real" para o aprendizaxe, basado na solución de problemas. O escenario asigna aos estudantes un rol a desempeñar conectado coa realidade: una profesión, un problema da vida diaria, etc. de forma que os alumnos se impliquen no proceso educativo. O escenario establece tamén a pregunta esencial que os alumnos deben contestar.


A TAREFA

A tarefa inclúe unha serie de preguntas deseñadas para adquirir a información necesaria para contestar a pregunta esencial. A tarefa debe estar moi estructurada e dirixir aos estudantes a sitios específicos de internet que conteñen a información necesaria para responder ás preguntas, no tempo establecido e de forma eficiente.

O PRODUCTO

 

Contén a descrición do que os estudantes van realizar para contestar á pregunta esencial plantexada no escenario. O producto debe supor unha transformación da información para construir o coñecemento, desenvolver nos alumnos unha forma nova de mirar o problema.
Ademais, o producto debe reflectir o papel que se lle asignou ao alumno no escenario.

 

Na web do Centro TIC de Andalucía and@ared teñen unha presentación PowerPoint que nos axuda a comprender mellor en que consiste unha Miniquest e unha Caza do tesouro.

Exemplo de unha miniquest para crear unha miniquest.

Exemplo de miniquest. "Día de la Paz"

Outro exemplo de miniquest. "El ciclo del agua"

Exemplo de Cazao Tesouro. "La Constitución"

Norberto Blanco Dorrío