Elaboración dunha webquest

Centro de Formación e Recursos de Ourense

Inicio Programa Desarrollo Software Ligazóns Contacto

Obxectivos:
  1. Identificar os elementos básicos da metodoloxía das Webquest, as súas tipoloxías e as súas actividades específicas.

  2. Fomentar o traballo colaborativo e de investigación-acción coa utilización da rede e aplicando as estratéxías didácticas e as técnicas de deseño de Webquest.

  3. Analizar e valorar a utilización da webquest en contextos de ensino/aprendizaxe.

  4. Adquirir uns coñecementos tecnolóxicos mínimos que permitan a elaboración e avaliación dunha webquest.

  5. Deseñar unha actividade Webquest de ensino-aprendizaxe adaptada a un determinado nivel educativo

Contidos:

  1. Características das webquest. Exemplificacións e tipoloxías. Técnicas de desenvolvemento.

  2. Creación de Webquest:

    1. Deseño: Documentación.
    2. A estructura da Webquest.
    3. Programas específicos e modelos.

  3. Uso das Webquest no aula.

 

Norberto Blanco Dorrío