Florencio Delgado Gurriarán
Con esta páxina tentamos axudar á recollida de informacións para a realización dunha wiki onde recollamos a Biografía e a obra de Florencio Delgado Gurriarán, o poeta de Córgomo a quen a Real Academia Galega decidiu adicar a festa das letras deste ano 2022.
Na páxina de recursos atoparás enlaces a páxinas seguras e fiables onde poderás recoller, con papel e lapis, os datos que consideres oportunos para a túa procura.
Logo terás que trasladar estes datos á wiki aloxada na aula virtual do colexio, na materia de Alfabetización en Información.
Lembra de deixar constancia de cal é a fonte da que recolliches a información, isto é, cita e recoñece a autoría, así demostrarás que ter un comportamento ético na rede.
Se cando edites unha páxina na wiki tes que modificar algún dato
escrito por algunha compañeira ou compañeiro, lembra deixar unha
mensaxe en discusión para que saiban que é o que che levou a facer esa
modificación.
Pois nada máis, agora o que toca é poñerse a traballar e levar
adiante este proxecto colectivo.
