IInicio
As cancións africanas, na súa maioría tratan de asuntos da vida cotiá, temas como as vodas, nacementos, labores do campo... A música en África está por todas partes, pois o canto e o bater coas palmas anima as actividades cotiáns.As orixes da nosa música, do noso rítmo, atopámolas en África. Por iso é moi interesante tratar este tema, buscando e analizando algúns dos instrumentos musicais africanos máis coñecidos, que adoitan ser de percusión, mediante unha serie de tarefas que vos propoño a continuación.
É moi importante vivenciar non só a nosa cultura musical se non que tamén resulta moi interesante aprender música doutras culturas, neste caso música africana, xa que os instrumentos resultan un tanto peculiares e distintos dos intrumentos da nosa cultura.
O propósito desta procura do tesouro é que cheguemos a valorar e acercarnos, dunha maneira lúdica e interactiva, a cultura africana sabendo distinguir os intrumentos máis carácterísticos desa cultura e saber distribuílos nun mapa de África.
Antes de empezar fai estas actividades LIM e comproba canto sabes. Ao rematar a túa procura de información volve facer a actividade, e verás como melloras os teus resultados... en fin, que saberás máis do que sabes sobre a música do continente africano.
