Circulación sanguínea xeral

(MAIOR)

 

 

    O sangue cargado de osíxeno sae do ventrículo esquerdo do corazón pola arteria aorta Esta vaise ramificando por todos os órganos do corpo (agás os pulmóns) ata que acaba o percorrido nos capilares que rodean as células.

    Nos capilares o sangue deixa osíxeno e substancias nutritivas.

    As substancias de refugallo e o dióxido de carbono son recollidos polos capilares venosos que forman as veas cavas. Estas devolven o sangue ó corazón...¿onde? Á Aurícula dereita.

 

Para volver á páxina inicial preme nas frechas