Este
vital elemento está composto por diferentes elementos líquidos e sólidos: o
plasma, un líquido que conten auga e proteínas, e tres tipos de células, que son
: os leucocitos, as plaquetas e os hematíes.
Os leucocitos ou glóbulos brancos non teñen cor.Son de maior tamaño cós glóbulos vermellos, pero menos numerosos.
A súa función principal consiste en defender ó organismo contra as infeccións, defendernos dos microbios que invaden o noso corpo (fabricando sustancias químicas que os destrúen ou ben introducíndoos no seu interior e dirixíndoos)
As plaquetas ou trombocitos son moi pequenas e actúan cando se produce unha hemorraxia ( por exemplo, cando se produce unha ferida). Fabrican unhas substancias que fan máis mesto o plasma e forman un coágulo que tapona a ferida.
Os hematíes ou glóbulos vermellos conteñen unha substancia chamada hemoglobina, que lle dá a cor avermellada
Todas estas células, aínda que viven no sangue, non naceron nela, senón nos ósos e nos nódulos linfáticos.
O sangue pode dividirse, segundo a súa calidade, en dous tipos: osixenada e carbosixenada. A primera delas é o sangue limpo que circula polas arterias; a segunda, con abundante cantidade de dióxido de carbono, circula polas veas en dirección ó corazón e ós pulmóns, a efecto de ser renovada e osixenada.
Tén ademais outra función que é de grande importancia, como é a de manter unha axeitada temperatura corporal, a que nunha persoa adulta normal adoita ser de entre 36,5 e 37 graos Celsius.
O torrente sanguíneo proporciona a completa circulación do sangue cada 22 segundos. Por isto, se facemos unha sinxela multiplicación, podemos obter que por hora terá circulado un caudal aproximado de 800 litros de sangue. Deste xeito, calcúlase que nunha persoa de 80 anos, o caudal que circulou polos seus vasos sanguíneos é de 560. 640. 000 litros, ou 560. 640 milímetros cúbicos.