Circulación sanguínea pulmonar

 (MENOR)
 

 A circulación menor ou pulmonar é a rede de arterias e veas que comunican o corazón cos pulmóns.

    O sangue, con dióxido de carbono e substancias de refugallo pasa da aurícula dereita ó ventrículo dereito, sae polas arterias pulmonares e vai ós pulmóns, ramifícase polos bronquios e bronquiolos e chega ós alveolos pulmonares. Aquí se produce o intercambio de gases: deixa o dióxido de carbono e colle o osíxeno.

    O sangue rico en osíxeno volve polas veas pulmonares ó corazón, concretamente á aurícula esquerda.

    Neste momento volve a comezar a viaxe do sangue por todo o corpo.

 

Para volver á páxina inicial preme nas frechas