O corazón 

É un traballador incansable que nos mantén vivos. Este poderosísimo órgano está situado no interior do tórax, entre os pulmóns.

Posúe catro cavidades:

* dúas aurículas (na parte superior)

*dous ventrículos (na parte inferior)

Os movementos do corazón

O corazón realiza dous tipos de movementos:

diástole: énchese de sangue.

sístole: expulsa o sangue cara as arterias.

FASES:

- sístole auricular: o sangue pasa das aurículas ós ventrículos.

-sístole ventricular: o sangue como non pode volver para atrás, sae polas arterias.

-diástole xeral: o corazón reláxase en espera da chegada de sangue ás aurículas.

Para volver á páxina inicial preme nas frechas