 |
O corazón
é un músculo do tamaño dun
puño (do puño de cada un).
|
 |
Polo seu interior pasa o sangue
que vai circular por todo o corpo,
porque ten a misión de bombear o sangue.
|
 |
O son real
é algo semellante a “ducta-duc”,
son que se produce ó pecharse as
válvulas.
|
 |
Se
o corazón dun adulto se conectase
a un camión-cuba cun depósito de 8000 litros,
poderíao encher nun día.
|
 |
O corazón
impulsa 80 ml de sangue por latido (un buche de auga).
|
 |
O corazón
late máis de 30 millóns de veces
no ano e
2000 millóns de veces en toda a
vida.
|
 |
O primeiro
transplante de corazón realizouno no ano
1967 o doutor sudafricano
Christian Barnard ó tendeiro Lois
Washkansky.
|
 |
Unha persoa maior
ten 60-80 pulsacións por minuto, mentras que un neno
pode ter doble (140).
|