| O PERCORRIDO DO SANGUE | ||
|
A circulación sanguínea é como unha rede de tráfico. O sangue sería o vehículo encargado de leva-lo osíxeno e as sustancias nutritivas a tódalas partes do organismo na viaxe de ida. Ó mesmo tempo sería o vehículo encargado de recoller os desperdicios ou substancias de refugallo que posteriormente se eliminan polos riles, polo tubo dixestivo, polo pulmón ou pola pel na viaxe de volta. Pero... ¿ no sangue vai todo isto mesturado? Non. O sangue non se mestura nunca. Serían como as dúas viaxes dun autobús do transporte: a de ida e a de volta. No primeiro iría o sangue arterial, que transporta osíxeno e nutrientes e, no segundo, o sangue venoso, que leva o dióxido de carbono e substancias de refugallo. Dicimos que a circulación sanguínea no home é dobre, xa que consta de dous circuitos: |
![]() |
|
| Circulación sanguínea pulmonar (MENOR) |
![]() |
|