No patio do colexio Curros Enríquez había
unha árbore moi curiosa e simpática que tiña súa
beleza e encanto. Era un loureiro que non medraba coma os demáis.
Unha canción que compuxo certo poeta con acompañamento de
música popular galega, di as características esenciáis
desta pequena historia.
No meu colexio hai un loureiro,
e os rapaciños cólganse del;
mailo loureiro que é rexo e forte
pra compracelos fai de vaivén.As outras árbores medran pra arriba,
e o meu loureiro vai derreado,
síntese ledo do seu estado,
perto dos nenos que turran del.Héime bambear, héime bambear,
colgado da pola que me vai levar,
que me vai levar, que me vai levar,
ó busto de Curros podelo apertar.
Pois esta arboriña que adornou o xardín e serviu de
xoguete ós nenos, morreu con outra que estaba á súa
beira. Aparece á esquerda na foto do colexio, da páxina Onte
e o carón dos nenos da devandita foto. Valgan estas verbas de homaxe
e recordo.