CONSUMOPOLIS

O obxectivo de Consumópolis é adquirir pautas de consumo responsable a través da participación nun concurso a nivel estatal, cunha fase autonómica. A primeira parte do concurso desenvólvese dentro da web que da soporte, Consumópolis, consistente nun percorrido de xogo no que o alumnado, dividido en equipos de cinco membros, superará probas pedagóxicas e lúdicas para adquirir as competencias necesarias para desenvolver a fase autonómica que se materializa nun proxecto interdisciplinar de creación artística sobre algún aspecto de consumo responsable. Os gañadores da fase autonómica representarán á nosa comunidade na fase estatal.

Neste curso escolar temos formados nove equipos; todos eles , salvo dous, remataron a fase on line do concurso. En quinto curso temos cinco equipos e en sexto curso temos outros catro equipos. A partires do mes de xaneiro , todos os equipos, incuíndo os que non remataron a fase on line, se puxeron a traballar na confección do blog sobre a utilización correcta de internet.

Presentamos aqui todos os traballos realizados polos equipos do colexio. A calidade é excelente, traballaron moito e moi ben. PARABENS!!!

Premendo en cada un dos enlaces tedes aceso aos blogues realizados.

Aqui podedes ver unha serie de consellos para a navegación segura por internet. Forman parte dunha actividade que realizamos no colexio que se chama NAVEGA CON RUMBO.