XERMOLIÑO é un proxecto de promoción de hábitos vida e de alimentación saudable entre os membros da nosa comunidade escolar.
A través das diferentes actividades que o centro realiza de cara á promoción dunha alimentación saudable; buscamos a maneira de medir o impacto que xeramos entre a comunidade e o grao de implicación ao cambio das familias do noso centro.
Realizáronse, durante este ano escolar, diferentes actividades de promoción de habitos alimentícios saudables: trípticos informativos, consellos de merendas para o recreo, xornadas de consumo de froita nos recreos, promoción de actividades deportivas, etc.
Entre eles temos:
- participación no programa "Ponlle as pilas ao teu bocata". Promocionando o uso de conservas de pescado entre o alumnado. Esta actividade, promovida pola Consellería do Mar, a Consellería de Educación, a Consellería de Sanidade e ANFACO-CECOPESCA intenta dar a coñecer as virtudes das conservas. Aqui temos un video da actividade.
- participación na actividade "O Sabor da Aventura está no Mar". A través do cal se busca fomentar o consumo de peixe entre o alumnado de educación primaria, familiarizar ao alumnado co mundo da pesca e trasmitir a importancia do peixe na dieta. Aqui tedes a carta de compromiso asinada polo alumnado de 5º e 6º nivel. Aqui tedes a páxina web http://osabordaaventuraestanomar.xunta.es/gl con moitas actividades e información. Aqui tedes a película sobre como é un peirao. Eiqui podedes ver un video sobre o desenvolvemento da actividade no colexio.
- Programa de distribución de froita fresca entre o alumnado. Aqui temos o enlace á actividade.
- informe sobre o grao de participación do alumnado en actividades deportivas en horario estraescolar: segundo os datos obtidos, máis do 75% do alumnado do centro participa en actividades deportivas en horario de tarde. As actividades con maior número de participantes son natación, ximnasia rítmica e fútbol (nas súas variantes de fútbol sala, fútbol 7 e fútbol once).
- xornadas de "Promoción das actividades deportivas". No mes de novembro tivemos a visita de adestradores e practicantes de halterofilia, que recaacaron a importancia da práctica deportiva, de levar unha alimentación sana e equilibrada e, por suposto, de compaxinar todo elo cos seus estudios.
- participación do alumnado de 4º nivel na Olimpiada Escolar do Concello de Poio, no marco do programa Poio Móvese. Os obxectivos desta iniciativa son:
Fomentar a práctica deportiva en idade escolar, dende un prisma formativo e educador.
Impulsar a convivencia entre os CEIP do Concello de Poio.
Experimentar os beneficios do exercicio físico e a alimentación equilibrada coma fonte de sáude e benestar.
Promocionar as distintas propostas das Escolas Deportivas do Concello de Poio.
As actividades organizáronse en forma de circuito, con catro estacións:
- ZONA XOGO EN EQUIPO. Obxectivo: Concienciar da importancia da solidaridade,
compañeirismo e o esforzo colectivo no deporte.
- ZONA LÚDICA. Obxetivo: Incentivar a necesidade dos nenos-as de expresar e producir emocións primarias, orientadas hacia a diversión e o esparcimento.
- ZONA FORMACIÓN. Obxetivo: Informar e dar a coñecer, as distintas actividades deportivas das Escolas do Concello; este ano centrada na actividade tradicional da BILLARDA.
- ZONA MULTIDISCIPLINAR. Obxectivo específico: Por en valor a práctica dos xogos tradicionais, dende unha visión non competitiva. Aumentar a capacidade dos nenos-as, para
coñecer as distintas variantes ( lúdico-recreativas, de saúde, etc.) que pode ofrecer o deporte.
Aqui tedes un video sobre a realización desta actividade.
|