.: VIDA :.
 
  ANTONI GAUDÍ

Antoni Gaudí foi un dos máis importantes e orixinais arquitectos da historia. O seu estilo é unha mistura de modernismo e neogótico. A meirande parte da súa vida transcurreu en Barcelona. A vida e a obra de Gaudí estiveron moi ligadas á familia Güell. O conde Güell fixo de mecenas para un novo Gaudí encomendándolle moitos dos seus edificios máis representativos e coñecidos, como é o caso do Parc Güell.
Gaudí era un home profundamente relixioso. Fixo moita amizade co arcebispo de Astorga, onde pasou unha tempada da súa vida e onde deseñou o Pazo Episcopal. O seu derradeiro proxecto foi a construcción do grandioso templo da Sagrada Familia en Barcelona, obra que aínda non está terminada.
Algunhas das súas obras máis representativas son:
A Sagrada Familia, O Parc Güell, A casa Batlló, A casa Milá, O Pazo Episcopal de Astorga

Ao longo do primeiro trimestre do curso 2009-2010, os alumnos e alumnas de 4º de Educación Primaria coñeceron algúns rasgos da obra de Gaudí. Mostráronselles varias das súas creacións para conseguir que foran quen de identificar e recoñecer a súa técnica. Consultaron pola conta a este autor en Internet e, unha vez asimilada a idea das formas e o colorido da súa obra, puxeron en práctica a técnica en traballos propios.
Colorearon un anaco do banco de azulexos do Parque Güell, unha versión simplificada da Casa Batlló, unhas letras co nome de Gaudí e un debuxo fantástico da Sagrada Familia. Por último, utilizaron esta mesma técnica para colorear un crocodilo que non é obra de Gaudí, para entender que eles poden crear de maneira similar á de un autor que coñezan aplicando a técnica estudiada.

 
       
 
Picasso