Os romanos non foron os únicos que tiveron os seus propios números, os exipcios tamén tiñan os seus símbolos para representar cantidades. No seguinte video debes, polo menos, averiguar como representaban á unidade seguida de ceros (1, 10, 100, 1.000...) e como se construían os números máis pequenos que 100, toma nota nunha folla e logo ponno na túa libreta como un pequeniño esquema-resumo.