![]() |
|||||||
|
|
.:: Pizarra Dixital (de baixo custo) - "A IDEA" ::. | ||||||
Tal e como recolle Johnny Chung Lee na súa páxina sobre "Low-Cost Multi-point Interactive Whiteboards Using the Wiimote" a "idea" básica consiste en conseguir a funcionalidade dunha pizarra dixital co simple emprego do mando dunha "consola" de video-xogos, a Wii, dado que este mando ten entre outras características, a posibilidade de recibir "infravermellos" e de transmitir esa información mediante "bluetooth". |
|||||||
Unícamente teremos que construir un punteiro de "infravermellos", instalar o software axeitado e teremos unha pizarra dixital en calquera superficie na que se poda proxectar, incluso na mesma pantalla do ordenador (como un "seudo tablet-pc"), ou como se pode ver no seguinte vídeo sobre a superficie dunha mesa para explicar que con "esta tecnoloxía" podemos ter ata catro "punteiros" nunha mesma pantalla, e todo esto por menos de 60€. |
|||||||
| Aconsellamos que se vexa o seguinte vídeo creado por Johnny no que nos ofrece unha primeira idea moi exacta das posibilidades que ten. | |||||||