![]() |
||||||||
|
.:: Pizarra Dixital (de baixo custo) - "Un pouco de bricolaxe" ::. | ![]() |
||||||
Necesitamos construir ahora o "punteiro" que nos permitirá comunicarnos co Wiimote. Supomos que co tempo iremos mellorando este "dispositivo", pero, nunha primeira aproximación este é o xeito en que o construimos. |
||||||||
1.- O esquema: | ![]() |
|||||||
Ainda que estamos probando "outros modelos", nun principio empregamos a carcasa dun rotulador a que, como se mostra na imaxe, cortamos unha parte para poder introducir máis fácilmente o dispositivo electrónico. |
||||||||
2.- Soldaduras: | Hai que soldar con estaño os compoñentes, tal e como se mostra na foto. Este foi un dos apartados que máis nos custou dada a nosa inexperiencia no mundo da electrónica. |
![]() |
||||||
3.- Porta pilas | Para camuflar as pilas empregamos a propia tapa do rotulador, soldándolle ós cables pequenas arandeliñas para o contacto coas pilas. |
![]() |
||||||
Para evitar que as pilas se movan dentro "tapamos" cun anaco de corcho. |
![]() |
|||||||
4.- Comprobamos que funciona o LED | É moi importante comprobar en todo o proceso o funcionamento do LED, Para esta comprobación non se pode facer a simple vista xa que os IR non os percibe o ollo humano, para elo podemos mirar a traves dunha cámara dixital. Esto evitará ter que desfacer traballo. En caso de non funcionar intercambie a posición dos cables respecto das pilas |
|||||||
![]() |
||||||||
5.- Rematando a tarefa | ![]() |
|||||||
So nos queda introducir o mecanismo dentro da carcasa, e convinte botar unha pequena pinga de "pega todo" na base do LED para evitar que se mova. Unimos os cables cos provintes das pilas, pomos o anaco que previamente cortamos da carcasa e, un pouco de cinta aislante e listo. |
||||||||
![]() |
||||||||
Atopamos unha versión moi interesante dun compañeiro para este punteiro aquí |
||||||||
![]() |