.:: Pizarra Dixital (de baixo custo) - "CONEXIÓN " ::.
1.- USB Bluetooth
Consulte a documentación sobre a instalación do seu aparello, todos os que nos probamos requerían instalar o seu software (drivers) antes de conectar o USB. Non atopamos atranco algún, traían CDs con autoarranque e nos limitamos a "seguinte, seguinte ...".
 
       
2.- BlueSoleil páxina de descarga
Observe que na páxina de descarga hai diferentes versións en función do sistema operativo, descargue a que se axeite ó seu caso.
 
   
Unha vez finalizada a descarga teremos no noso ordenador un arquivo "zip" que debemos descomprimir para poder proceder coa instalación. Se non dispón do programa para a descompresión (WinRar, o propio WinZip, etc) pulse co botón dereito do rato sobre este arquivo e escolla a opción "Abrir con - Carpetas comprimidas (en zip)" e descomprima o seu contido na carpeta que estime oportuno.
 
   
Busque dentro desa carpeta o arquivo chamado "setup.exe", faga doble clic sobre el e "next, next ...". No escritorio do ordenador aparecerá "Bluetooth Places".
 
       
3.- Conexión BlueSoleil - mando Wii

 

 
  Para a conexión entre o Bluetooth e o mando deberemos seguir os seguintes pasos:  
 
                 
4.- Microsoft .NET Framework 2.0
É necesario telo instalado no ordenador para que funcione o programa seguinte. A súa instalación non ten nada que comentar.
 
  páxina de descarga  
                 
5.- Wiimote Whiteboard

Busque na citada páxina a ligazón a "Wiimote Whiteboard" (letras de cor verde), Nesta ligazón obterá un arquivo zip, ó igual que fixo con BlueSoleil descomprima o seu contido nunha carpeta.

 
  páxina de descarga  
       
Coloque o mando "apuntando" ó lugar de proxección (normalmente á dereita de ese lugar, máis ou menos a uns 45º). Faga as probas que sexan precisas ata atopar a mellor conexión, é importante determinar o lugar máis axeitado dentro da aula para ubicar o mando, xa que si hai unha conexión pobre, non funcionará correctamente.
 
Este programa non require instalación. para executalo únicamente ten que facer doble clic sobre o arquivo "WiimoteWhiteboard.exe", Marque a casiña de cursor e pulse sobre o botón de calibrar, na pantalla aparecerá un fondo branco con un círculo vermello na esquina superior esquerda, prema o pulsador do "punteiro" situandoo sobre o centro dos círculos que irán aparecendo. Con esto calibrará a posición na pantalla, non mova despois de esto o wiimote (se non debería volver a calibrar).
 
     
A partir de aquí co noso punteiro accionamos o pulsador cada vez que queremos "facer clic".