ponzos
Rastrillo biblioteca PDF Imprimir E-mail
Escrito por Administrator   
Xoves, 28 de Xaneiro de 2010 17:58

  No pasillo da planta baixa do colexio temos unha  exposición feita cos libros da biblioteca que por algunha razón procederonse a descatalogas. Uns por estar xa moi usados outros por ter pouca aceptación, outros non considerarse axeitados...  A nosa biblioteca é moi pequena e temos que economizar espazos. Así que poñemos a disposición de quen lle poida interesar os libros que imos retirar cuns prezos simbólicos. A recadación vai a ser empregada en  mercar libros axeitados ao noso alumnado.

.

 

 

 

Actualizado ( Domingo, 07 de Marzo de 2010 20:05 )
 
A AVALIACIÓN DE DIAGNÓSTICO PDF Imprimir E-mail
Escrito por Administrator   
Martes, 20 de Outubro de 2009 17:19

 UNHA AVALIACIÓN DO NOSO SISTEMA EDUCATIVO.

 Ver máis no calendario  ou aquí

A AVALDÍA EN 22 PEQUENAS PREGUNTAS E RESPOSTAS

Actualizado ( Domingo, 07 de Marzo de 2010 20:22 )
 
Jaime Cagiao Rodriguez : In Memoriam PDF Imprimir E-mail
Escrito por Administrator   
Mércores, 14 de Outubro de 2009 15:30
 
 
 Ao comezar a escribir este recordo  vense á miña memoria aqueles versos In Memorian de Rafael Alberti :  “ Si mi voz muriera en tierra, llevadla al nivel del mar y dejadla en la ribera...”
Ao ler estas tres estrofas os ollos énchense de  bágoas e fanme recordar a Xaime, que  nos deixou a semana pasada.
Non sei por que, non hai un motivo especial  que relacione eses feitos, pero así sucede...
  Énchense os ollos de bagoas  e cando miro os ollos dos  compañeiros decátome de que todos temos o mesmo sentimento e  vénseme á mente  aquel tempo ...,  cando nos coñecimos,  haivos xa ben anos. Cruzábanse as nosas rotas  ao ir camiño de cadanseu colexio, el na súa  bicicleta  eu nun coche prestado, outras a pé coa súa boina... e sempre saudándonos, cun sorriso... Agora, logo destes  últimos anos xuntos en Ponzos, podo asegurar que a todos os que tivemos a sorte  de compartir con el a súa especial maneira de  entender a educación,  a todos, fóisenos algo de nós con el e dóenos a súa ausencia.
Pero..., como sempre se di, a vida segue e temos que mirar cara adiante e a mellor maneira de  facerlle unha homenaxe é  aproveitar a esencia do seu paso polo noso corazón, en silencio, como a el lle gustaría,  como él se foi...
A Comunidade escolar  está de loito, o alumnado, os compañeiros, a ANPA os pais do alumnado... expresamos e compartimos dende aquí o noso pesar a familiares, amigos e compañeiros ... que son moitos, moitos.
Adeus compañeiro.
Actualizado ( Domingo, 07 de Marzo de 2010 20:29 )
 
GRIPE A (H1N1)v. PDF Imprimir E-mail
Escrito por Administrator   
Sábado, 12 de Setembro de 2009 16:54

Xa está publicado: PROTOCOLO DE ACTUACIÓN NOS  CENTROS EDUCATIVOS.

.

 Hai un dito que dicían os nosos  maiores: "as desgrazas nunca chegan soas..."

 En mal momento nos colle esta "pandemia". Estamos en tempo recortes presupostarios, recortes de profesorado ( no noso centro de momento 2 mestres),  traballo arreo coa "gratuidade solidaria", avaliación diagnóstica...

.

Ide a ler máis, para ler todo.

Actualizado ( Martes, 03 de Novembro de 2009 04:34 )
Ler máis...
 
Axudas para os libros de texto PDF Imprimir E-mail
Escrito por Administrator   
Mércores, 26 de Agosto de 2009 15:53

Agora o PROGAMA DE GRATUIDADE DE LIBROS DE TEXTO  vai ser substituído progresivameante pola convocatoria de bolsas para a adquisición dos libros onde as familias poderán recibir: 180 €, 104 € ou nada.

.                            Ligazón para accecer ao texto da Orde.

. 

Este sistema de bolsas afectará, o presente curso 2009-2010, ás familias que teñan fillos nos cursos 1º,2º, 5º e 6º de Educación Primaria.

Os niveis 3º,4º de Ed. Primaria e toda a ESO continuarán este curso co vello sistema empregando os libros de texto que xa entraban na gratuidade en cursos pasados e que están actualmente no centro. Para este alumnado, as familias só terán que mercar os libros que non entran na gratuidade.

. 

 O Artigo 8º de Tramitación das solicitudes. Establéce unha fase de preavaliación de solicitudes para o que as familias deberán presentar previamente a solicitude

. 

Esta solicitude pódese cumprimentar de dous xeitos:

1- Introducir os datos na aplicación informática que será habilitada no portal da xunta   http://gratuidadesolidaria.xunta.es/   e logo imprimila.

2- En impreso oficial, manuscritas ou mecanografiadas.

 Neste caso o proceso vaise demorar porque haberá que esperar a que o director  teña tempo para cotexar e introducir os datos na aplicación.

A todos nos favorece que se faga o antes posible, polo que se recomenda que se empregue o primeiro xeito, facendoo no  propio domicilio ou  facendoo no centro a partir do día 1 de setembro, para o que se habilitaran  dous ordenadores coa correspondente impresora para poder introducir os datos necesarios e imprimir esa  documentación.

. 

No momento en que todas a solicitudes estean validadas a administración emitirá un listado de conformidades  así como dos requisitos que faltan ou incompletos, se fora o caso, que será publicada na entrada do centro.

 

 DOCUMENTACIÓN QUE HAI QUE HAY QUE PRESENTAR

1- SOLICITUDE (por duplicado) - Segundo o explicado anteriormente

2- Fotocopia do DNI de todos os membros computables da unidade familiar que obteñan ingresos.

3- Orixinal ou copia compulsada do certificado de empadroamento da unidade familiar.

4- Fotocopia do libro de familia no que figuren todos os membros da unidade familiar.
 No caso de non ter libro de familia, terá que presentarse documento ou documentos que acrediten os membros da unidadefamiliar. No suposto de non convivencia de ambos os proxenitores,deberase acreditar que o solicitante convive cos fillos.

5-MINUSVALIDEZ familia 1º grao - No caso de discapacidade dalgún dos membros da unidade familiar en primeiro grao, fotocopia compulsada do certificado do grao de minusvalidez cunha porcentaxe igual ou superior ao 33% acreditado polo Equipo de Valoración e Orientación de Minusvalidez (EVO) da Consellería de Traballo e Benestar, ou fotocopia compulsada da resolución do Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) ou de pensionistas de clases pasivas que acredite unha pensión de grande invalidez.

6-Orixinal ou copia compulsada de certificación bancaria da conta onde desexe que se lle faga efectivo, de ser o caso, o importe da bolsa. Na conta deberá figurar como titular o pai, a nai, o titor do alumno ou o propio alumno.

 

 

Actualizado ( Mércores, 02 de Setembro de 2009 09:55 )
 
Máis artigos...
<< Inicio < Anterior... 1 2 3 4 5 6 ...Seguinte > Fin >>

Páxina 4 de 6

Calendario

« < Marzo 2026 > »
L Ma Me X V S D
23 24 25 26 27 28 1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30 31 1 2 3 4 5
« < Abril 2026 > »
L Ma Me X V S D
30 31 1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 1 2 3

Imaxes ao chou

Ferramentas

Traductor multilingüe
Para facer traduccións a moitos idiomas.
Apertium
Galego/Castelán/Galego Tradución de verbas, textos, documentos e páxinas web
Diccionario-RAG
Real Academia Galega e Diccionario Pedagóxico

Miscelanea