ponzos
Saída Lancha e Castelo, fin de curso e outras incidencias. PDF Imprimir E-mail
Escrito por Administrator   
Mércores, 16 de Xuño de 2010 19:29

En primeiro lugar   disculpar o tempo que estivo a páxina pechada, foi por mor dun ataque duns hackers á nosa revista dixital. A administración decidíu poñernola en cuarentena.

Por este motivo non puidemos manter actualizadas as novidades neste periodo.

Respecto da saída "Viaxe en lancha  pola ría e visita ao castelo de San Felipe"  programada para o día 10 foi  aprazada para esta semana dado que o día  en cuestión foi chuvioso en extremo.

A saída realizaráse maña xoves xa que é a única opción que nos dá o Concello como entidade  organizadora.

Segundo a regulamentación vixente  as actividades realizadas requerirán autorización previa sempre que se desenvolvan fóra da localidade.

 Ao tratarse dunha saída dentro da localidade,  en horario lectivo e contemplada no Plan Xeral Anual,  o permiso  asinado polos pais  para  día 10 extrapólase ao día 17.


Recordamos tamén que o venres a partires das 11,30h. todo o alumnado do centro poderá disfrutar dunha Festa fin de curso que lles brinda a ANPA onde haberá  xogos, inchables  e festa da escuma.

Non é nesesario que traian merenda porque  na festa está programado un convite para os rapaces e rapazas.

O  equipo docente de educación infantil  ante a previsión de que puideran acontecer  incidentes coa escuma  decidíu non participar nesa actividade concreta co seu alumnado.

Para o alumnado que queira participar na festa de escuma rógase que traian roupa de  respeto para mudarse, como cando  fan a saída aos  Bombeiros.


O martes día 22   realizaráse un festival fin de curso, e entregaranse os boletíns informativos. Non  vai haber un horario especial, ata ese día  tódolos días son lectivos e  están suxeitos a todo tipo de actividades, lectivas, avaliativas e complementarias como calquera día do curso.


O periodo  de matrícula comeza o 20 de xuño e remata o día 30 de xuño.


Estase a recoller a documentación  de solicitude de axudas para os libros de texto para 1º,2º,5º e 6º  de Ed. primaria.

Estamos á espera de que  publiquen no DOG as axudas para os niveis 3º e 4º de  EP.


Os libros de texto  serán pulicados antes do fin de semana. Dado que as instruccións  de cambios de libros, para axustarse ao lexislado recentemente no decreto do plurilíngüísmo,  foron  enviadas aos  centros sen tempo material para falar con tódalas editoriais, vémonos  na obriga de  saltar o prazo  de publicación que se  viña realizando  nos últimos anos.


Co boletín informativo de avaliación,  achegarase unha circular  na que se   informará  de múltiples  temas á comunidade escolar. Dende aquí pedimos a  maior atención aos temas tratados, dado que temos constatado que, ano tras ano e maioritariamente, obviase dita información.

 

 

Actualizado ( Xoves, 17 de Xuño de 2010 02:48 )
 
Gratuidade 2010-2011 PDF Imprimir E-mail
Escrito por Administrator   
Mércores, 02 de Xuño de 2010 17:43

GRATUIDADE DE LIBROS DE TEXTO

.         Poñémonos en contacto convosco para informarvos de que onte 31 de maio publicouse no D.O.G. a orde pola que se convocan as Axudas para adquisición de libros de texto para alumnado que no curso escolar 2010-2011 se matricule en 1º, 2º, 5º e 6º de Educación Primaria.

.         A solicitude pódese recoller no centro ou obtela no enderezo electrónico http://www.edu.xunta.es, na  ligazón de gratuidade solidaria de libros de texto.
.         O prazo de presentación das solicitudes é dun mes a partir do 1 de xuño e deberanse  entregara no centro.

.           O requisito é ter unha renda per cápita familiar igual ou inferior a 9.000 €. Este dato calcúlase sumando as casillas 455 e 465 da declaración da renda do ano 2008 dos membros da unidade familiar que obtiveran ingresos e dividindo o resultado polo número de membros da unidade familiar.
 
O importe das axudas é:
 -  180 € no caso de renda familiar ata 6.000 € en familias monoparentais ou ata 5.400 € no resto das familias.
 - 104 € no caso de renda familiar desde 6.000.01€ ata 9.000€ e en familias monoparentais ou desde 5.400.01 € ata 9.000 € no resto das familias.
 -  250 € para alumnado matriculado en educación especial con independencia da renda.

Actualizado ( Mércores, 02 de Xuño de 2010 17:54 )
 
Marte 18 de maio - Día non lectivo PDF Imprimir E-mail
Escrito por Administrator   
Xoves, 13 de Maio de 2010 09:25

Segundo o disposto na Orde do 21 de maio de 2003, en base a razóns de tradición , costume ou conveniencia pedagóxica, a Xefa Territorial resolveu autorizar o Martes día 18 de maio como día non lectivo. Polo que non haberá clase

 
Lecturas de ida e volta PDF Imprimir E-mail
Escrito por Administrator   
Mércores, 12 de Maio de 2010 09:27

LECTURAS DE IDA E VOLTA

Libros informativos para saber máis.

Os alumnos e alumnas de 3º e 4º de Primaria recibiron  os libros do programa de Lecturas de Ida e volta da Fundación Germán Sánchez Ruipérez de Salamanca.

O programa consiste no préstamo dunha colección de materiais  de lectura acompañados de orientacións  e suxestións de actividades que vai pasando por diferentes colexios españois. O lote de libros estará nas aulas ata o remate deste curso..

Actualizado ( Mércores, 12 de Maio de 2010 10:11 )
 
Admisión alumnado para o vindeiro curso 2010-2011 PDF Imprimir E-mail
Escrito por Administrator   
Xoves, 06 de Maio de 2010 09:33

Rematado o prazo para realizar as alegacións e celebrado o consello escolar onde se comproba  se hai opción a dereito de ditas reclamacións, emítese o seguinte listado definitivo

.

ver listado definitivo

.

Recordamos que o listado é de 22 alumnos e o número de prazas é de 25.

As tres prazas que faltan  que están reservadas para alumnado con NEAE. 

 A comisión de escolarización  destinará ao alumnado que figura como reservas aos centros que solicitaron segundo  as prazas que quedan vacantes  nos centros que se solicitaron

En caso de non haber solicitudes  de alumnado con NEAE  as tres reservas seguirase cubrindo en función do listado de reservas.

.

ver listado reservas

Actualizado ( Xoves, 20 de Maio de 2010 08:19 )
 
Máis artigos...
<< Inicio < Anterior... 1 2 3 4 5 6 ...Seguinte > Fin >>

Páxina 2 de 6

Calendario

« < Marzo 2026 > »
L Ma Me X V S D
23 24 25 26 27 28 1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30 31 1 2 3 4 5
« < Abril 2026 > »
L Ma Me X V S D
30 31 1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 1 2 3

Imaxes ao chou

Ferramentas

Traductor multilingüe
Para facer traduccións a moitos idiomas.
Apertium
Galego/Castelán/Galego Tradución de verbas, textos, documentos e páxinas web
Diccionario-RAG
Real Academia Galega e Diccionario Pedagóxico

Miscelanea