O C.E.I.P. RUBIANS co Concello de Vilagarcia de Arousa e a A.N.P.A , organizan unha serie de actividades de caracter lúdico-educativas , para os alumnos deste centro:

O Centro participa nas actividades que convoca o Concello: Festa do Deporte, educación vial, Obradoiro de igualdade...
E coma en anos anteriores estamos a participar no programa de drogodependencias do SPAD: Obradoiro de bebidas saúdables, cine (este ano levarase a cabo no propio Centro), dramatizacións...

 

Dentro das novas tecnoloxías estamos a facer blogs. De momento ahí van os enlaces ós xa creados:

http://rubiansenglish.blogspot.es/

http://ceipderubians.over-blog.es/


ESCOLA DE FAMILIAS. O curso pasado fixemos a segunda charla. O tema "Normas e límites". Este curso programarase a terceira.

FESTIVAIS

Durante o Curso celébranse os seguintes:


Do Nadal.

Entroido.

Das Letras Galegas.

De Fin de Curso.

DÍAS ESPECIAIS

Magosto

Samaín

Día da paz

 

VISITAS

Durante o Curso celébranse diversas visitas, aquelas que se consideran convenientes para o noso Alumnado.

 

ACTIVIDADES DEPORTIVAS

A Profesora de Ximnasia é a encargada de potenciar os deportes no Colexio organizando campionatos de Futbito e de Baloncesto.

Neste curso participaremos de novo nos campionatos de Deporte Escolar:

REVISTA ESCOLAR
Este ano pasado publicamos o número 17 da nosa revista anual “ O Voceiro da Escola”. Esta actividade está coordinada polo E. D. L. do Centro, e nela colaboran os nenos/as de tódolos niveis, sendo un verdadeiro reflexo da vida escolar do C.E.I.P. de Rubiáns.
Esta actividade está subvencionada pola Dirección Xeral de Política Lingüística.

Ademáis por segundo ano, no curso 2010/2011, fixemos unha publicación chamada FALADOIRO.

VÍDEO ESCOLAR


Como en anos anteriores realizamos un novo vídeo que recolleu tódalas actividades do curso escolar, o “Telexornal Rubiáns” Xa foi o número 14

FELICITACIÓN NADAL 2011.