C.E.I.P. SADA E CONTORNOS

1928 - 2008, 80 ANIVERSARIO

 

 

 

 

 

SOCIEDAD SADA Y SUS CONTORNOS

 

No ano 1913 os emigrantes da vila de Sada fundaban en Nova York a Sociedad Sada y sus contornos coa finalidade de construír escolas neutras na súa vila natal. Nos anos 20 empezan a construción das escolas de Sada que inician a súa actividade no curso 1927 – 1928. Os primeiros exames teñen lugar o 8 de xullo de 1928 coa asistencia do presidente honorario da Sociedade D. Manuel Lugrís Freire, quen con tal motivo dedica o seu poemario As Mariñas de Sada á Sociedad Sada y sus contornos.

Neste curso 2007 – 2008 a comunidade educativa deste centro quere conmemorar este oitenta aniversario organizando diversos actos que terán lugar a finais do presente ano académico.

 

 

Actividades

Acto de clausura do curso escolar. A Consellería de Educación vai celebrar o acto de clausura do curso 2007-2008 no noso centro. O acto terá lugar o venres  20 de xuño, día no que a Conselleira de Educación, Da. Laura Sánchez Piñón, visitará o centro e despois realizarase o acto de clausura na Casa da Cultura de Sada.

 

Placa conmemorativa. No mes de abril o Pleno da Corporación Municipal do Concello de Sada aprobou por unanimidade unha declaración institucional recoñecendo a labor solidaria e educativa da Sociedad Sada y sus contornos. Coincidindo co fin do curso o Concello colocará unha placa conmemorativa na fachada do edificio escolar.

 

Exposición 80 aniversario. Do 16 ao 20 de xuño estará aberta ao público de 13 a 14 horas unha exposición sobre o 80 aniversario da escola. Na exposición poderanse ver 15 paneis con fotos e documentos sobre estes 80 anos . Tamén estará exposta a Aula histórica do Museo Pedagóxico de Galicia, ambientada nos anos 50 do pasado século, e unha mostra de materiais do MUPEGA. Para máis información sobre o MUPEGA:  http://www.edu.xunta.es/mupega/pub/principal/amosaPaxina.do?idioma=GA&id=1

 

Estatutos da Sociedad Sada y sus contornos.  Reedición dos estatutos da Sociedad Sada y sus contornos de Nova York que foron aprobados en 1914 e revisados en 1918. e quere visualizar ou descargar a publicación en formato dixital pique sobre este enlace Estatutos da Sociedad Sada y sus contornos.

 

6 de xuño de 2008. Ás 18 horas presentación da publicación "Sada y sus contornos. 80 aniversario da escola. 1928-2008" na Casa da Cultura. A presentación estará a cargo do Vicente Peña Saavedra - Catedrático do Departamento de teoría da Educación, Historia da Educación e Pedagoxía Social da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago.
Miguel Gayoso Barreiro: Director do Colexio Sada e Contornos.
Ao remate do acto proporase un coloquio entre os asistentes. Se quere visualizar ou descargar a publicación en formato dixital pique sobre este enlace "Sada y sus contornos. 80 aniversario da escola. 1928-2008"

Presentación da publicación: Invitación ao acto.

 

21 de febreiro de 2008. O IES Isaac Díaz Pardo de Sada colaborará co colexio de Sada y sus contornos con motivo do  80 aniversario, a través do seu ciclo formativo de cerámica, elaborando unha medalla conmemorativa.

 

15 de febreiro de 2008. Cóntanolo. Xuntanza de ex-alumnos, profesores e persoas relacionadas coa Sociedad Sada y sus contornos e coas escolas, co obxecto de xuntar documentación e lembranzas da historia do centro. Coa documentación e testemuñas recollidas trataremos de facer unha publicación, unha exposición e un pequeno documental.

 

1 de febreiro de 2008. Radio Sada inicia a emisión dun programa quincenal que terá lugar os venres ás 12,30 da mañá e estará dedicado a Sada y sus contornos .

 

Xaneiro 2008. O Museo Pedagóxico de Galicia instalará a Aula histórica itinerante no colexio de Sada y sus contornos desde o 16 ao 23 de xuño de 2008.

 

Decembro 2007. A petición do Consello Escolar do centro a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria comunica que realizará a clausura do curso 2007 - 2008 no colexio de Sada y sus contornos.

 

Volver á páxina principal