TerrarioEn setembro de 2004 plantamos xeranios na parte traseira da escola, e ó día seguinte unha toupa empezou a face-los seus montóns de terra. Entón xurdíu a idea de capturala para aprender algo da súa vida. Para poder observala durante uns días necesitabamos un lugar que resistise as súas unllas e comida, moita comida, moitas miñocas. Cría de miñocas.Mercamos unha tortugueira, botámoslle terra, restos de pelas de froita, herba e follas e algunhas miñocas. Finalmente tapamos as paredes con cartulina negra para que a luz non as molestase e se animasen a escavar as súas galerías á veira do cristal.
Obxectivos.
A Experiencia Durante os dous primeiros meses poidemos apreciar moita actividade nas miñocas, facendo galerías e escapando en canto retirabámola cartulina negra e a luz as molestaba. Procuramos mante-la terra húmida, regándoa regularmente, pero non levamos control da temperatura.
No mes de novembro collimos dúas mantis, unha verde e outra marrón, con dous días de diferencia. A primeira delas foi inquilina do terrario, no que foi alimentada con grilos, bichos bola e saltóns. Pasadas as vacacións de Nadal, a actividade no terrario era nula. Parecía que desapareceran as miñocas. O que sí poidemos apreciar foi que o nivel da terra baixara uns 3 centímetros, froito da súa actividade. Ante a falta de vida, procedimos a limpa-lo terrario, remove-la terra e engadir outra nova para recupera-lo nivel, momento no que descubrimos que quedaba unha miñoca. Agora todo son dúbidas.:
|