Terrario

Curso 2005/2006

Neste novo curso melloramo-la comodidade dos habitantes do terrario, engadindo paos, pedras e pequenas plantas de amorodo e trevo.

Temos unha segunda tortugueira na que intentamos criar tritóns ou rás, pero non foi posible, polo que a convertimos en terrario para ter as mantis separadas.

Os primeiros visitantes foron os grilos, xa que no mes de setembro vai calor e podemos ver moitos entre a herba. Temos catro nun dos terrarios e tres no outro. Nel cavaron madrigueras.

Barbantesa. Mantis. Santateresa.

Os seguintes visitantes foron as mantis.

Este curso estamos descubrindo moitas cousas sobre estes insectos:

  • Os machos teñen o abdome, máis delgado que as femias. Por iso son de menor tamaño.

  • A femia fai un casulo pegado a unha parede ou pegado a unha herba, onde deben estar os ovos.

  • Móvese con lentitude.

  • Caza ó asexo. Camúflase coa vexetación e espera á súa presa.

  • No momento da posta dos ovos, a femia está indefensa.

  • Despois da posta dos ovos, a mantis vive unha semana.

En plena primavera, o luns 29 de maio, despois dunha fin de semana de moita calor, con temperaturas cercanas ós 30 graos, un dos casulos de mantis entrou en eclosión.

Apareceu o terrario cheo de crías, que corren con moita axilidade e trepan polo cristal do terrario. Despois de fotografialas, démoslles liberdade.

Milpés.

No mes de novembro puxemos varios milpes no terrario, que desapareceron ós poucos días. Agora temo-las súas crías, que son de cor branca.

Naceron no mes de decembro.

Píntega.

Aproveitando un vello bidón de productos de limpeza, fixemos un novo terrario. Abrimos fiestras en dous lados e na cuberta, que despois tapamos con rede. Puxemos terra, follas secas, un par de pedras grandes, un par de bulbos, semente de herba, algunha miñoca e caracois. Por último, metimos unha píntega que por error colouse nun sótano.

  • É un animal moi lento.

  • Gústalle a escuridade.

Outros animais.

Lagartixa galega

´Pardal común