As fotos do Magosto

11 de Novembro de 2008

Este ano para celebrar o magosto viñeron os nenos e as nenas de Entrimo e de Muíños. Todos o pasamos moi ben. O ano que ven iremos nós de visita algún dos outros coles, e así para o seguinte, e o seguinte, ata que nos toque a nós outra vez.

Pola mañá pasámolo pipa cos xogos que prepararon os profes de educación física.

Os máis pequenos estiveron no centro. Xogaron co paracaídas, fixeron unha carreira de pelar castañas, e moitas outras cousas.

Os maiores foron ó polideportivo. Alí estiveron xogando a moitas cousas: correron cos sacos, fixeron puntería coas castañas....
Estivo moi ben o de xogar durante un día con máis nenas e nenos, que ás veces cansa estarmos sempre os mesmos.
Pero cando mellor o pasaron foi cando invadiron o comedor, onde estaban comendo os profes, para poñelos negros a todos.

 

Índice       Actividades